Orfeón Mariñeiro

logoorfeon

 emprego 2019 

O Concello de Vigo colaborou no financiamento dos gastos de contratación e fomento do emprego da asociación e, en xeral, da inserción laboral, o fomento do emprego, do asociacionismo e da participación cidadá.

 logo concello

 

O Concello de Vigo participa no financiamento das gastos de mantemento e fomento de actividades desta asociación.

minilogocascovello

imaxes

imaxes

Twitter Casco Vello

Actividades
Festa da Reconquista da Vila de Vigo 2022
Mércores, 16 Marzo 2022 11:51
cartel reconquista 2022

O pobo toma as rúas de novo

 

Esperámosvos no Casco Vello un ano máis!

 

 

     En 2020 colleunos en pleno confinamento, e en 2021 as restricións sanitarias impediron celebrala na rúa, pero en 2022 volve a Reconquista en toda a súa dimensión. E xa se nota que hai ganiñas de Reconquista...

 

     Volvemos con moito ímpeto, empezando os actos xa a fin de semana anterior, na cal a acción centrarase na praza do Berbés con concertos, actividades e a representación da Destitución na tarde do sábado 19.

 

     O mercado na rúa inaugurarase o venres 25 e permanecerá aberto ata o domingo 27. Neses tres días haberá multitude de activides nas rúas, e sobre todo nos torreiros situados no Náutico, o Berbés e Chao.

 

     A guinda da festa será o domingo 27 ás 18.00, cando terá lugar a representación da Reconquista, empezando no escenario do Náutico, pasando logo á Gamboa e regresando ao Náutico para rematar.

 

     O luns 28 celebrarase un evento máis íntimo no Berbés, con foliada popular e mostras de artesanía tradicional.

 

     Podedes consultar o programa completo de eventos nesta ligazón.

 

      Vémonos nas rúas, xente!

 
Reconquista Infantil 2022
Mércores, 16 Marzo 2022 11:31
cartel reconquista infantil 2022

Volve a Reconquistiña!

 

Os rapaces serán os primeiros en gozar

do regreso da festa grande de Vigo

 

 

     Dende o ano 2015, a Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello de Vigo decidiu incluír como un acto máis da festa o Desfile Infantil da Reconquista, co afán de implicar as escolas de Vigo e darlles aos mais pequenos un espazo propio de participación e a oportunidade de mergullarse no espírito lúdico e conmemorativo que queremos que teña esta festa.

 

     O desfile consiste nunha reunión de rapaces e rapazas das escolas inscritas nunha das prazas do Casco Vello para, posteriormente, facer un percorrido polas rúas do Barrio Antigo ao son dos bombos e dos tambores feitos por cada un dos nenos e nenas participantes.

    

     O xoves 24 de marzo, os colexios participantes confluirán ás 10.15 horas no Casco Histórico vestidos uns de franceses e outros de paisanos e paisanas vigueses do século XIX, para ás 10.30 empezar o desfile polo barrio. Durante todo o percorrido acompañaranos músicos que tocarán bombos e tambores marcando o ritmo que os nenos e nenas repetirán cos seus propios instrumentos. Ao final do acto, os nenos e nenas participantes serán agasallados cunha merenda e asistirán a unha actuación de animación. Sobre as 13.00 finalizará o acto e os nenos e nenas retornarán ás súas escolas.

 
V Certame Gastronómico Retapas
Mércores, 16 Marzo 2022 11:16

 

cartel retapas 2022

A Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello de Vigo convoca o V Certame Gastronómico Retapas, que terá lugar entre os días 4 e 20 de marzo de 2022. O certame gastronómico Retapas ten como obxectivo a promoción gastronómica e turística do barrio histórico de Vigo no mes que dedicamos á Festa da Reconquista, festa declarada de interese turístico estatal.


Poderán participar no concurso todos aqueles locais de hostalaría do Casco Vello de Vigo que así o desexen, sempre que estean en posesión das licenzas oportunas e sexan habilitados pola organización para tal fin.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


 
Gala da Reconquista da Vila de Vigo 2021
Sábado, 11 Setembro 2021 20:04
cartel

 

A AVC Casco Vello estrea a Gala da Reconquista da Vila de Vigo o sábado 18 de setembro

 

 

 

O teatro AFundación acollerá a celebración da Reconquista 2021, cumprindo as medidas sanitarias

 

 

 

Tras dúas cancelacións por mor do Covid-19 e sen poder festexar como se merece a concesión de Festa de Interese Turístico Nacional en 2019, a AVC Casco Vello adáptase unha vez mais para seguir achegando a celebración da Reconquista da Vila de Vigo dun xeito único e seguro.

 

A celebración da Gala da Reconquista da Vila de Vigo pretende ser unha mestura dos aspectos máis importantes da Festa da Reconquista da Vila de Vigo: a música e o baile tradicional e a historia contada a través dos seus protagonistas. Facendo como sempre participe ao público asistente e levando a nosa historia ao seguinte nivel, coa actuación do Orfeón Mariñeiro do Berbes, ACF Tarambainas, bailaríns de Maria Prego e Os Catro Quintos. Ademais compre destacar a interpretación do grupo de teatro Baluarte 1809 e do clube de esgrima histórica Falcata H.E.M.A.

 

Baixo a dirección de María Torres e conducida por Carlos Veleiro, a Gala preséntase dun xeito ameno e orixinal, cunha mestura de música e baile tradicional xunto cos diferentes actos teatrais, sobre un escenario emblemático da cultura galega e da súa historia, como é o do Teatro Afundación (García Barbón). Unha gala coa que poder conmemorar a festa da Reconquista da Vila de Vigo, dun xeito mais íntimo e inmersivo, e cumprindo estritamente os protocolos sanitarios.

 

As entradas, de prezos populares (entre 5 e 10 euros), están á venta desde este luns día 6 a partires das 9:00 da mañá en ATaquilla.com: á ligazón pódese acceder desde redes sociais en @areconquistadevigo, desde a páxina web www.areconquistadevigo.com ou directamente a través de:

 

https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/es/varios/teatro-afundacion-vigo/12516--gala-da-reconquista.html

  

 
I Certame Gastronómico Retapas
Mércores, 28 Febreiro 2018 00:00

A Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello convoca o I Certame Gastronómico Retapas que terá lugar entre os días 14 e 25 de marzo de 2018. Este certame gastronómico Retapas ten como obxectivo a promoción gastronómica e turística do barrio histórico de Vigo no mes que adicamos a Festa da Reconquista, festa declarada de interese turístico galego.


Poderán participar no concurso todos aqueles locais de hostalaría do Casco Vello de Vigo que así o desexen, sempre que estean en posesión das licenzas oportunas, e sexan habilitados pola organización para tal fin.


O prazo de inscrición será do 26 de febreiro ao 5 de marzo de 2018 ámbolos dous incluídos e poderá formalizarse enviando cumprimentada a folla de inscrición ao enderezo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou recolléndoa e presentándoa en persoa nas oficinas da entidade organizadora, Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello, no enderezo da rúa Cánovas del Castillo 2 baixo, en horario de lúns a venres de 11:00 a 13:30 horas ou de 17:00 a 20:00 horas.

 

A continuación publicamos os enlaces para descargar o formulario de solicitude, as bases de instalación dos postos e os anexos cos prazos e vestimenta para homes e mulleres.

 

 retapas 2018

 

 
Xornadas: Ksal e outras historia do mar

A Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello organiza unhas xornadas arredor da figura do pintor José Casal Cerqueira baixo o títula "Ksal e outras historias do mar" nas que se relaciona pintura, música, gastronomía e cultura mariñeira, e nas que participarán persoas relacionadas co mar e o noso vello barrio combinando actuacións cun paseo polas rúas e locáis do Casco Vello de Vigo.

 

Estas xornadas consistirán en catro actos tódolos venres do 9 ao 30 de setembro a partir das 20:00 horas no Instituto Camoes 'Casa Arines' de Vigo. PROGRAMA.

  ksal

 


 

 
Concerto presentación disco Orfeón Mariñeiro do Berbés
Luns, 11 Xaneiro 2016 00:00

O Orfeón Mariñeiro do Berbés ofrecerá un concerto de presentación do seu primeiro traballo discográfico gravado a fináis do pasado anoSerá o venres 22 de xaneiro a partir das 21:00 horas no teatro-sala de concertos do Centro Cultural Afundación Vigo situado na rúa Policarpo Sanz.

 

O concerto contará como artistas convidados a Mini & Mero e Airiños do Mar de Teis. O prezo da entrada é de 2 euros e se pode comprar na oficina da Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello situada na rúa Cánovas del Castillo nº2 en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas.

 

entrada orfeon

  concerto orfeon

 

 


 

 


© 2014 Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello de Vigo