Martes, 17 Novembro 2015 00:00 |
Los vecinos del Casco Vello denuncian los ruidos, las molestias y la basura con la que, aseguran, lidian cada fin de semana a consecuencia del botellón. Ayer decenas de residentes del barrio histórico celebraron una asamblea para abordar el problema y buscar soluciones. "Está yendo a más, sobre todo en puntos concretos como el barrio Eduardo Chao o el entorno de A Pedra", lamenta el presidente de la asociación de vecinos, José Manuel Veiga.
Según denuncia, los grupos de jóvenes que se juntan en la calle para beber los fines de semana por la noche -en especial los viernes- provocan ruidos y dejan el empedrado sucio. El problema se acota de momento a zonas puntuales, pero el colectivo ya ha decidido buscar vías para atajarlo.
|
|
|
Martes, 17 Novembro 2015 00:00 |
Os veciños do Casco Vello aseguran non aturar máis o ruído nocturno, xerado en grande parte polos clientes dos bares que saen ás rúas a consumir.
Onte, en asamblea, decidiron iniciar unha campaña de acción: “Chamaremos a Policía e cando se acumulen as denuncias levaremolas ao rexistro municipal”, afirmou Fiz Axeitos, representante veciñal, e non descartou chegar máis lonxe: “Imos paso a paso, veremos cómo reacciona o Concello, pero estamos dispostos a chegar ao xulgado para facer cumplir a Lei”.
|
|
|
Venres, 27 Febreiro 2015 00:00 |
Catro anos despois de que as rúas do casco vello foran declaradas polo concello como de Zona Acústicamente Saturada (ZAS), comprobamos como a lexislación municipal non cumpríu a súa finalidade principal de erradicar o botellón e ruído resultante xerado pola congregación de multitude de persoas cada fin de semana que beben ao aire libre.
A Asociación Veciñal e Cultural do Casco Vello convoca a todos os veciños e residentes a unha asamblea informativa o próximo lúns ás 20:00 horas no local veciñal situado na rúa Cánovas del Castillo 2 para analizar o aumento de ruidos nocturnos no barrio e si é preciso adoptar medidas. A actual Xunta Directiva citou esta problemática entre as prioridades a tratar cando accedeu ao goberno da entidade veciñal.
|
|
|
|
Domingo, 04 Xaneiro 2015 00:00 |
Catro anos despois de que a rúa Teófilo Llorente fose declarada polo Consello Municipal de Zona Acústicamente Saturada (ZAS), a lexislación municipal non cumpríu a súa finalidade principal: erradicar o botellón e ruído resultante xerado pola multitude de persoas que beben ao aire libre.
Veciños do Casco Vello recoñecen que a situación mellorou dende a declaración de varias rúas como zona ZAS, pero tamén din que hai moito menos tranquilidade que cando se adoptaron estas restriccións: "Sempre que hai boa noite, o escándalo dura ata as primeiras horas da mañá", din eles. Como aconteceu o pasado 20 de decembro cando se tirou a imaxe que ilustra esta información.
|
|
|
Sábado, 02 Outubro 2010 10:02 |
Hoxe os medios escritos de información local dan conta dalgunhas novas que teñen que ver co barrio ou a Asociación. Así tanto o Faro de Vigo como La Voz de Galicia dan conta do cambio de orientación an actividade que se iba a desenvolver nas naves de redeiros. A presión veciñal e dos comerciantes fixo recuar á presidenta da Autoridade Portuaria e xa non se instalarán alí restaurantes temáticos, senón que se dedicarán a actividades relacionadas coa divulagación, promoción e disfusión da actividade pesqueira.
A colaboración da Asociación Veciñal e a Asociación de Comerciantes Casco Vello na defensa dos intereses do barrio e a súa veciñanza resulta positiva proveitosa para a venciñanza e o comercio. |

Sábado, 25 Setembro 2010 08:11 |
Dende primeiros de Setembro apareceron na rúa Cánovas del Castillo sinais de prohibido parar de 23:00 a 6:00 horas de domingo a venres. A súa colocación se previo aviso, comunicación nin recado, danos a impresión que é un xeito de castigar á veciñanza por protestar e non solicitar as tarxetas do XER, ao tempo que se facilita o aparcamento aos practicantes do botellón nas fins de semana. O horario é o tal para esta finalidade.
Logo da entrada en vigor da Ordenanza que regula o tráfico no ámbito do Casco Vello, o Concello incorporara a rúa de Cánovas del Castillo ao sistema XER (Xestión de Estacionamento para Regulado) en contra a opinión da Asociación que solicitaba que fora en exclusiva para residentes.
Desde a Directiva da Asociación Veciñal, temos a impresión de que os responsábeis do departamento de seguridade e tráfico do Concello de Vigo, en relación co Casco Vello, só pretenden crearnos problemas e non buscar solucións aos mesmos. Estamos fartos de pedir explicacións a respecto do rescate da concesión do aparcamento da Porta do Sol ou do que se pretende facer con el ao remate da mesma, pois que parece non quedarlle moito tempo. Polo contra, sendo poucas prazas de aparcamento que nos quedan van e colocan as sinais fixas prohibindo parar nas horas xa indicadas. Debe ser por comodidade, porque non todos os dás pasa algún transporte especial por Cánovas e para evitar colocar sinais de aviso neses días que pasan os devanditos transportes.
Queremos poñer tamén de manifesto a contradición das sinais instaladas e a incoherencia dos responsábeis da súa colocación, convidámosvos a que pasedes pola zona e comprobedes por vos mesmos. Unha, a do XER, indica estacionamento de pago de luns a venres de 9:00 a 14:00 e 16:00 a 20:00. Horario libre de pago a partir do venres as 20:00 horas ata o luns ás 9:00 horas. O horario da nova sinal que nos prohibe parar dende o domingo as 23:00 horas ata o venres as 6:00 horas
Este foi o texto que enviamos aos medios de comunicación para denunciar os problemas de aparcamento do barrio e mís en concreto en Cánovas. A noticia difundiuse nalgunhas emisoras de radio e recolleo co titular "El Casco Vello se vuelve loco con las señales", acertado parécenos, o xornal La Voz de Galicia |

Venres, 24 Setembro 2010 08:37 |
Hoxe leemos no Faro de Vigo que o Valedor do Pobo inicia unha investigación de oficio sobre o ruído nocturno nas rúas Real e Teófilo LLorente. O expedente iniciase logo de coñecer as denuncias que a Asociación Veciñal do Casco Vello e algúns veciños e veciñas a título particular tiñan feito.
Para seguila clicar aquí |
|
|
|
|