Orfeón Mariñeiro

logoorfeon

 emprego 2019 

O Concello de Vigo colaborou no financiamento dos gastos de contratación e fomento do emprego da asociación e, en xeral, da inserción laboral, o fomento do emprego, do asociacionismo e da participación cidadá.

 logo concello

 

O Concello de Vigo participa no financiamento das gastos de mantemento e fomento de actividades desta asociación.

minilogocascovello

imaxes

imaxes

Twitter Casco Vello

Reconquista Infantil 2022
Mércores, 16 Marzo 2022 11:31
cartel reconquista infantil 2022

Volve a Reconquistiña!

 

Os rapaces serán os primeiros en gozar

do regreso da festa grande de Vigo

 

 

     Dende o ano 2015, a Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello de Vigo decidiu incluír como un acto máis da festa o Desfile Infantil da Reconquista, co afán de implicar as escolas de Vigo e darlles aos mais pequenos un espazo propio de participación e a oportunidade de mergullarse no espírito lúdico e conmemorativo que queremos que teña esta festa.

 

     O desfile consiste nunha reunión de rapaces e rapazas das escolas inscritas nunha das prazas do Casco Vello para, posteriormente, facer un percorrido polas rúas do Barrio Antigo ao son dos bombos e dos tambores feitos por cada un dos nenos e nenas participantes.

    

     O xoves 24 de marzo, os colexios participantes confluirán ás 10.15 horas no Casco Histórico vestidos uns de franceses e outros de paisanos e paisanas vigueses do século XIX, para ás 10.30 empezar o desfile polo barrio. Durante todo o percorrido acompañaranos músicos que tocarán bombos e tambores marcando o ritmo que os nenos e nenas repetirán cos seus propios instrumentos. Ao final do acto, os nenos e nenas participantes serán agasallados cunha merenda e asistirán a unha actuación de animación. Sobre as 13.00 finalizará o acto e os nenos e nenas retornarán ás súas escolas.

 
© 2014 Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello de Vigo