Domingo, 01 Xaneiro 2017 00:00 |
|
Achégase o Nadal e como cada ano dende a Asociación Veciñal e Cultural do Casco Vello ofrecemos un Obradoiro de Cantos e Danzas de Reis para difundir e axudar a recuperar esta tradición galega, que articulamos co Rancho de Reis do casco vello.
Realizaremos os saídas co Rancho de Reis os días 2 de xaneiro ás rúas Pi y Margall e Torrecedeira, o 4 de xaneiro ao Paseo de Alfonso e Ferrería e o sábado 7 de xaneiro ás rúas Progreso e Príncipe.
Tódolos interesados en participar poden contactar na oficina da Asociación Veciñal na rúa Canovas del Castillo 2, baixo.
|
|