Recurtes no centro de saúde do Casco Vello |
Mércores, 20 Abril 2016 00:00 | ||
As últimas noticias que recibiron no centro de saúde é que a praza eliminarase do Casco Vello para creala en Navia, o que obrigaría aos compañeiros a asumir os pacientes deste compañeiro xubilado (ao redor de 1.200) coa consecuente saturación das consultas restantes.
Os profesionais do Casco Vello reclaman que se manteña a súa praza e se cree outra nova en Navia. Do contrario veríanse obrigados a reducir o tempo de atención aos pacientes e a rebaixar a calidade que se presta, cando o que están a demandar é o contrario: máis tempo por consulta. Recordan que ademais das cartillas que teñen asignadas de forma oficial, nese centro aténdese a numerosos turistas de paso que chegan por urxencias.
En total, o Casco Vello conta con seis médicos de familia pola mañá e ata agora eran outros tantos en horario de tarde, polo que quedarían reducidos os servizos a cinco, ademais de dous pediatras.
(Artigo publicado en La Voz de Galicia 15-04-2016)
|