Martes, 20 Xaneiro 2015 00:00 |
|
A directiva da Asociación Veciñal e Cultural do Casco Vello de Vigo anunciou a principal novidade da celebración deste ano, despois dunha reunión que tivo lugar este martes dia 20 co Alcalde e representantes do Concello de Vigo. A directiva indicou que a festa terá lugar tanto na fin de semana previa como na propia do 28 e 29 de marzo, con actividades, mercadiños e escenificacións en cada unha.
A intención da asociación veciñal é facer en 2015 unha Festa da Reconquista máis extensa no tempo e máis intensa en cada un dos días, que se alongará durante dúas fins de semana: a propia do 28 e 29 de marzo e a inmediatamente anterior do 21 e 22 de marzo.
|
Durante esas dúas fins de semana os asistentes poderán disfrutar de representacións teatrais, mercadiños e actividades musiciais, entre outras. O borrador xa está elaborado e presentarase o programa completo en próximas datas. Tanto a directiva veciñal como o alcalde recordaron que as festas son factor de mobilización económica moi importante para o comercio e hostelería do casco vello de Vigo. |