Martes, 16 Decembro 2014 00:00 |
|
No casco vello de Vigo, como xa é tradición nos últimos anos, polo Nadal recibimos a visita da figura mítica do Apalpador que traerá presentes a tódolos nenos do barrio.
O vindeiro xoves 18 estará en Torrecedeira, no edificio do Grupo de Pescadores, dende ás 17:00 horas acompañado dun contacontos de Nadal e obradoiros para tódolos cativos.
Será o martes 23 de decembro cando o Apalpador entre polas rúas do casco vello ata a Praza da Constitución para estar toda a xornada, acompañado de música e obradoiros.
A visita do Apalpador en Torrecedeira organízase en colaboración coa Concellería de Normalización Linguística do Concello de Vigo, a ANPA do CEIP Ramón y Cajal (Picacho).
|
|