Xoves, 13 Novembro 2014 00:00 |
Dende a AVC Casco Vello denunciamos dende hai moito tempo o perigo que representa para os veciños e visitantes o esvaradizo chan da Praza do Berbés, que se acrecenta máis coas choivas e nas inmediacións das árbores que rodean a estátua homenaxe ó Pescador.
O pasado lúns 27 de outubro nunha reunión mantida co Alcalde, Abel Caballero, transmitíronselle as queixas e preocupación sobre este problema e demandouse unha solución, ao que o Alcalde respondeu que estudaría o problema e buscarían como resolvelo axiña.
Transcurridas varias semanas o único feito ata agora foi o precintado da zona máis perigosa da praza pola Policía Local ante a chegada das choivas e as constantes caídas e denuncias dos veciños.
Na prensa recóllese estos días o problema e denuncias dos veciños: Faro de Vigo (13/11/2014), Televisión de Galicia (13/11/2014).
|
|
|