Mércores, 28 Febreiro 2018 00:00 |
A Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello convoca o I Certame Gastronómico Retapas que terá lugar entre os días 14 e 25 de marzo de 2018. Este certame gastronómico Retapas ten como obxectivo a promoción gastronómica e turística do barrio histórico de Vigo no mes que adicamos a Festa da Reconquista, festa declarada de interese turístico galego.
Poderán participar no concurso todos aqueles locais de hostalaría do Casco Vello de Vigo que así o desexen, sempre que estean en posesión das licenzas oportunas, e sexan habilitados pola organización para tal fin.
O prazo de inscrición será do 26 de febreiro ao 5 de marzo de 2018 ámbolos dous incluídos e poderá formalizarse enviando cumprimentada a folla de inscrición ao enderezo
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
ou recolléndoa e presentándoa en persoa nas oficinas da entidade organizadora, Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello, no enderezo da rúa Cánovas del Castillo 2 baixo, en horario de lúns a venres de 11:00 a 13:30 horas ou de 17:00 a 20:00 horas.
A continuación publicamos os enlaces para descargar o formulario de solicitude, as bases de instalación dos postos e os anexos cos prazos e vestimenta para homes e mulleres.
|

|
|
|
A Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello organiza unhas xornadas arredor da figura do pintor José Casal Cerqueira baixo o títula "Ksal e outras historias do mar" nas que se relaciona pintura, música, gastronomía e cultura mariñeira, e nas que participarán persoas relacionadas co mar e o noso vello barrio combinando actuacións cun paseo polas rúas e locáis do Casco Vello de Vigo.
Estas xornadas consistirán en catro actos tódolos venres do 9 ao 30 de setembro a partir das 20:00 horas no Instituto Camoes 'Casa Arines' de Vigo. PROGRAMA.
|
|
|
Luns, 11 Xaneiro 2016 00:00 |
O Orfeón Mariñeiro do Berbés ofrecerá un concerto de presentación do seu primeiro traballo discográfico gravado a fináis do pasado ano. Será o venres 22 de xaneiro a partir das 21:00 horas no teatro-sala de concertos do Centro Cultural Afundación Vigo situado na rúa Policarpo Sanz.
O concerto contará como artistas convidados a Mini & Mero e Airiños do Mar de Teis. O prezo da entrada é de 2 euros e se pode comprar na oficina da Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello situada na rúa Cánovas del Castillo nº2 en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas.
|
|
|
Martes, 17 Novembro 2015 00:00 |
O pasado venres 13 de novembro as 20:00 horas tivo lugar a proclamación do I Tesouro Humano Vivo no auditorio do Edificio Cambón, nun acto organizado pola Asociación Veciñal Casco Vello de Vigo e amenizado e presentado polo cantante, acordeonista e escritor galego Xurxo Souto.
Nesta primeira edición escolleuse ao veciño do casco vello, Isidro Alonso Marcial, por ter demostrado os seus coñecementos sobre a cultura tradicional marítima despois de mais de cincuenta anos traballando primeiro como mariñeiro ata chegar a acadar a categoría de capitán, atesourando na súa memoria feitos, técnicas,lugares e nomes de todo o referido á súa profesión.
Vídeo cunha entrevista realizada a Isidro Alonso na que comparte vivencias e lembranzas sobre a sua vida. VIDEO
|
|
|
Mércores, 03 Decembro 2014 00:00 |
|
O Rexurdimento é o nome co que se coñece o século XIX na historia de Galiza e expresa unha traxectoria de recuperación non só literaria, senón tamén cultural, política e histórica.
Coñeceremos máis sobre esta etapa histórica nunha conferencia da man do investigador e escritor galego Xurxo Martinez González o vindeiro mércores 10 de decembro ás 20:00 horas no local veciñal situado na rúa Cánovas del Castillo 2. A entrada é de balde.
|
|
Sábado, 18 Outubro 2014 15:00 |
|
O próximo sábado 25 de outubro realizaremos unha saída e roteiro polo monte para buscar e recoller cogomelos coa intención de estudalos e posteriormente facer unha degustación entre tódolos participantes. Esta actividade está deseñada para grupos reducidos e ten un prezo de 10 euros por persoa.
Tódolos interesados deberán anotarse no teléfono 986 439 799 ou na oficina da Asociación na rúa Canovas del Castillo 2, baixo.
|
|
Sábado, 18 Outubro 2014 00:00 |
|
O próximo domingo 26 de outubro realizaremos unha saída ós montes de arredor de Vigo para buscar e apañar castañas coa finalidade de asalas e compartilas con toda a veciñanza na vindeira noite do Samaín, que celebrarase o venres 31 de outubro.
Tódolos interesados deberán anotarse no teléfono 986 439 799 ou na oficina da Asociación na rúa Canovas del Castillo 2, baixo.
|
|
|
|
|
|