Orfeón Mariñeiro

logoorfeon

 

logo concello

 

O Concello de Vigo participa no financiamento das gastos de mantemento e fomento de actividades desta asociación.

minilogocascovello

imaxes

imaxes

Twitter Casco Vello

Cursos
Obradoiro de Rancho de Reis 2016
Domingo, 01 Xaneiro 2017 00:00
  rancho 2016

 

Achégase o Nadal e como cada ano dende a Asociación Veciñal e Cultural do Casco Vello ofrecemos un Obradoiro de Cantos e Danzas de Reis para difundir e axudar a recuperar esta tradición galega, que articulamos co Rancho de Reis do casco vello.

 

Realizaremos os saídas co Rancho de Reis os días 2 de xaneiro ás rúas Pi y Margall e Torrecedeira, o 4 de xaneiro ao Paseo de Alfonso e Ferrería e o sábado 7 de xaneiro ás rúas Progreso e Príncipe.

 

Tódolos interesados en participar poden contactar na oficina da Asociación Veciñal na rúa Canovas del Castillo 2, baixo.

 


 

 
Preinscrición de cursos 2016
Mércores, 29 Xuño 2016 00:00
  cursos 2016 2017

 

Xa se pode pre reservar prazas ata o 7 de xullo nos cursos e obradoiros que organizará a Asociación para a tempada 2016. Aínda así, a partir do 5 de setembro poderase tamén facer os mesmos trámites.

 

Tódolos interesados en participar poden contactar na oficina da Asociación Veciñal na rúa Canovas del Castillo 2, baixo nos horarios seguintes: de lúns a venres de 10:30 a 13:30 e de 16:30 a 20:00 horas.

 


 

 
Obradoiro de Cantos e Danzas de Reis 2015
Mércores, 25 Novembro 2015 00:00
  rancho reis 2015

 

Achégase o Nadal e como cada ano dende a Asociación Veciñal e Cultural do Casco Vello ofrecemos un Obradoiro de Cantos e Danzas de Reis para difundir e axudar a recuperar esta tradición galega, que articulamos co Rancho de Reis do casco vello.

 

Realizaremos os ensaios do Rancho de Reis e impartirase o obradoiro os días 27 de novembro e 11 de decembro ás 20:30 horas no local veciñal situado na rúa Cárcere Vello. Haberá un ensaio xeral o domingo 20 de decembro ás 11:00 horas.

 

Tódolos interesados en participar poden contactar na oficina da Asociación Veciñal na rúa Canovas del Castillo 2, baixo.

 


 

 
Curso de bailes agarrados
Martes, 17 Novembro 2015 00:00
  curso bailes agarrados 2015

 

O próximo domingo 22 de novembro organizamos un curso de bailes agarrados impartido polo profesor de baile Luis Prego. Esta actividade está aberta a tódolos veciños e socios.

 

Tódolos interesados deberán anotarse no teléfono 986 439 799 ou na oficina da Asociación na rúa Canovas del Castillo 2, baixo.

 

As prazas son moi limitadas polo que si estás interesado non demores moito en apuntarte.

 


 

 
Obradoiro de iniciación á improvisación teatral
Xoves, 04 Decembro 2014 00:00

 

Presentamos un novo obradoiro a realizar o vindeiro sábado 13 de decembro destinado a tódolos rapaces do barrio a partir de 6 anos onde proporcionaranse os coñecementos prácticos para a iniciación á improvisación teatral por medio do xogo. O obradoiro é de balde e impartirase durante 60-70 minutos dende as 17:00 horas do sábado.

 

Para máis información e inscrición acudir ó local da asociación na rúa Cánovas del Castillo 2, baixo ou no teléfono 986 439 799.

  obradoiro iniciacion teatral

 

 


 

 
Obradoiro de Cantos e Danzas de Reis
Martes, 25 Novembro 2014 12:00
  ranchoreis2014

 

Achégase o Nadal e como cada ano dende a Asociación Veciñal e Cultural do Casco Vello ofrecemos un Obradoiro de Cantos e Danzas de Reis para difundir e axudar a recuperar esta tradición galega, que articulamos co Rancho de Reis do casco vello.

 

Realizaremos os ensaios do Rancho de Reis e impartirase o obradoiro os días 3, 12, 15 e 21 de decembro no local veciñal situado na rúa Cárcere Vello.

 

Tódolos interesados en participar poden contactar na oficina da Asociación Veciñal na rúa Canovas del Castillo 2, baixo.

 


 

 
Obradoiro de colares
Venres, 14 Novembro 2014 00:00

 

Presentamos un novo obradoiro a realizar o vindeiro sábado 13 de decembro onde proporcionaranse os coñecementos prácticos necesarios cos que cada alumno poderá fabricar os seus propios colares cos que acompañar ás suas vestimentas tradicionáis ou de época, como por exemplo as empregadas durante a Festa da Reconquista. O obradoiro o imparte a mestra María Prego e ten un cupo de prazas limitadas.

 

Para máis información e inscrición acudir ó local da asociación na rúa Cánovas del Castillo 2, baixo.

  obradoiro colares 2014

 

 


 

 
<< Inicio < Anterior 1 2 Seguinte > Final >>

Páxina 1 de 2
© 2014 Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello de Vigo