Orfeón Mariñeiro

logoorfeon

 emprego 2019 

O Concello de Vigo colaborou no financiamento dos gastos de contratación e fomento do emprego da asociación e, en xeral, da inserción laboral, o fomento do emprego, do asociacionismo e da participación cidadá.

 logo concello

 

O Concello de Vigo participa no financiamento das gastos de mantemento e fomento de actividades desta asociación.

minilogocascovello

imaxes

imaxes

Twitter Casco Vello

Festas
Reconquista 2016: concurso de carteis
Mércores, 25 Febreiro 2015 00:00

 

Bases do X Concurso de Carteis da Festa da Reconquista da Vila de Vigo

 

O obxectivo deste concurso é seleccionar un cartel para empregar na divulgación do programa da Reconquista da Vila de Vigo 2016, que organiza a Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello de Vigo (dende agora AVC Casco Vello) en colaboración co Concello de Vigo.

 

Neste concurso poderán participar todas as persoas físicas ou xurídicas, e poderán presentar cada unha delas unha obra, coa condición de que éstas sexan inéditas.

 

 
Programa da Festa da Reconquista da Vila de Vigo 2015
Mércores, 25 Febreiro 2015 00:00

A Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello de Vigo, organizadora da Festa da Reconquista da Vila de Vigo, publica un avance do programa oficial de actos e actividades para a edición deste ano que se celebrará os vindeiros días 28 e 29 de marzo de 2015.

 

Como principal novidade este ano, a programación repartirase en dúas fin de semanas, celebrándose actuacións e concertos o sábado 21 e domingo 22 xunto coa representación da destitución da corporación e invasión do exército francés, e unha charla-coloquio sobre a Invasión francesa en 1809 o martes 24 no edificio Cambón.

 cartel reconquista 2015 mini2

 

 


 
Programa da Festa da Reconquista da Vila de Vigo 2016
Mércores, 25 Febreiro 2015 00:00

A Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello de Vigo, organizadora da Festa da Reconquista da Vila de Vigo 2016, publica o programa oficial de actos e actividades para a edición deste ano que se celebrará o sábado 2 e domingo 3 de abril.

 

Durante cada xornada máis de 20 grupos de música tradicional animarán o recinto da festa. Ademáis haberá representacións, espazos infantís, música nas rúas e multitude de demostracións de artesanía, xunto coa exposición "Retallos da nosa historia" aberta na Casa Galega da Cultura dende o pasado 17 de marzo.

 

[Consulta o programa da festa]

  plano reconquista 2016

 

 


 
A Reconquistiña: a festa para os máis cativos
Mércores, 25 Febreiro 2015 00:00

A Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello de Vigo organiza, como actividade previa da Festa da Reconquista da Vila de Vigo 2016, a denominada como "Reconquistiña" o vindeiro xoves 31 de marzo.

 

Nesta festa participarán máis de 300 nenos e nenas de quinto e sexto de Primaria dos colexios CPR Niño Jesús de Praga, CEIP Altamar, Colexio Carmelitas, CEIP Ramón y Cajal, Colexio Mercantil e o CEIP Igrexa-Candean facendo unha ruada vestidos de época polo Casco Vello ata a Praza da Princesa onde disfrutarán do concerto do grupo musical infantil en idioma galego "A Gramola gominola" (http://agramolagominola.com/) e dunha chocolatada para todos os presentes.

  reconquistina

 

 


 

 
Gañador do IX Concurso de Carteis Reconquista 2015
Martes, 20 Xaneiro 2015 00:00
 rolda concurso 15

O presidente da Asociación Veciñal e Cultural do Casco Vello de Vigo anunciou esta mañá xunto co alcalde de Vigo o cartel gañador do IX Concurso de Carteis Reconquista 2015.

 

Baixo o título "Voo da liberdade", o artista murciano Rubén Lucas García acadou o triunfo entre outros 33 participantes nesta edición dun certame que sirve para escoller o cartel que ilustrará á Festa da Reconquista da Vila de Vigo 2015 que se celebrará os vindeiros días 28 e 29 de marzo.

 


 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 Seguinte > Final >>

Páxina 2 de 5
© 2014 Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello de Vigo