Orfeón Mariñeiro

logoorfeon

 

 

O Concello de Vigo colaborou no financiamento dos gastos de contratación e fomento do emprego da asociación e, en xeral, da inserción laboral, o fomento do emprego, do asociacionismo e da participación cidadá.

 logo concello

 

O Concello de Vigo participa no financiamento das gastos de mantemento e fomento de actividades desta asociación.

minilogocascovello

imaxes

imaxes

Twitter Casco Vello

Festas
Programa Festa da Reconquista 2012
Martes, 20 Marzo 2012 16:31

 

Sábado 31 de marzo

 

10:00 h. Apertura do mercado

18:00 h. Inauguración da Festa na praza da Pedra

Representación da destitución do alcalde e da corporación, e toma da

cidade polo exercito francés

20:00 h. Combate histórico de espada a cargo da Sala Viguesa de

Esgrima Antiga.

21:30 h. Concerto de Ardentía, praza da Pedra

23:00 h. Peche do mercado

 

Domingo 1 de abril

 

10:00 h. Reapertura do mercado

12:00 h. Xigantes e cabezudos de Matamá

13:00 h. Combate histórico de espada a cargo da sala Viguesa de

esgrima antiga.

18:00 h. Representación da Reconquista da Vila de Vigo na Porta do Sol

21:30 h. Concerto de The Crass, praza da Pedra

23:00h Fin da Festa

 

ANIMACIÓN DE PRAZAS E RÚAS


Durante os dous días, máis de 30 grupos de música tradicional animarán o barrio: gaiteiros, pandereiteiras, treboadas, xigantes, cabezudos e outros

 

Zona 1: Praza da Constitución

Demostracións artesanais: Torneiro,cesteiro, senlleiro, zoqueiro, tecedeira

 

Zona 2: Praza da Princesa

Demostracións artesanais: Alpargateira,zoqueira.

 

Mercado de artesanía

Zona 3: Rúa e praza Joaquin Yañez

Artesanía e alimentación

 

Zona 4: Praza da Pedra

Concertos de Ardentía, sábado 31, e The Crass, domingo 1

Demostración artesanal: Luthier tradicional

Combates de espadas, sábado 31, ás 20:00 h, e domingo 1, ás 13:00 h

 

 

 

recq2012

 

 

Zona 5: Praza de Almeida

Demostración artesanais: Fiado e tecido, anticuario, palilleiras (domingo 1)

Zona 6: Rúa Real

Artesanía e alimentación

Demostración de artesanía: Cesteiro

 

Zona 7: Teófilo Llorente

Zona de alimentación

 

Zona 8: Berbés

Campamento francés

Demostracións de artesanía: Ferreiro e

canteiro

Granxa de animais

Praza de xogos infantís

 

Porta do Sol

17:00 h Mercado tradicional. 

Domingo dia 1, ás 18:00h Representación da Reconquista da Vila de Vigo.

 
Cea da Reconquista 2012
Xoves, 01 Marzo 2012 14:04

CEA DA ÉPOCA de 1809

 

Cando? O sábado, 24 de marzo

 

Onde? Na Estación Marítima do Porto de Vigo

 

Quen pode participar? A participación na cea está aberta a todas as persoas que desexen asistir e cumpran dous requisitos:

-Vestir de xeito adecuado á época, como se estiveramos en 1809

-Abonar o importe da cea, 20 €, no prazo establecido

 

Onde e como podo anotarme? Dende o luns, 27 de febreiro, ate o martes, 20 de marzo, estará aberto o prazo para inscribirse, no local da Asociación de luns a venres, de 11.00 a 13.30 e de 17.00 a 20.00, abonando o importe de 20 € por persoa.

De cubrirse o aforo antes da data de finalización do prazo, daríase por pechada a inscrición, e anunciaríase nesta web.

Coa cea iniciaremos os actos da Festa de Reconquista que se celebrarán na semana seguinte, os días 31 de marzo e 1 de abril, sábado e domingo.

 

 
Premios VI Concurso Carteis
Mércores, 18 Xaneiro 2012 09:54

Onte presentáronse aos medios de comunicación os carteis premiados do VI Concurso deArteis da Festa da Reconquista. O fallo dos premios producírase na noite do luns, 16 de xaneiro

O xurado estivo composto por Isaura Abelairas concelleira de Cultura e Festas do Concello de Vigo, como presidenta; Cándido Pérez Betanzos, presidente da AVC Casco Vello, como secretario;  Fátima Suárez, membro da Comisión de Cultura da AVC Casco Vello, como vocal, e Osvaldo Matamoros, pintor, en calidade de experto externo.

Os membros do xurado destacaron a calidade dos traballos presentados, corenta e catro en total, en especial, a dos que resultaron premiados.

 

a_por_eles_w

recon2012

arietew

Accesit

A por eles

Diego Rodríguez Gómez

Primeiro premio

Setembre

Modesto Martínez Vázquez-Prada

Acessit

A forza dun pobo

José David Bastos Abalde

 
Cantos e Danzas de Reis 2012
Luns, 02 Xaneiro 2012 13:08

A Asociación Cultural e Veciñal traballa na recuperación da tradición dos Cantos e Danzas de Reis, orixinada na Idade media que hoxe en día volve a ter visibilidade nas rúas da cidade.

Esta tradición estivo a piques de perderse, malia que no barrio histórico da cidade, alá polos anos 40 do pasado século, tamén era costume que chegadas estas datas de Nadal saísen as rúas un grupo de xentes, as máis das veces, rapazas noviñas a cantar os reis e pedir ó aghinaldo.

 

Dende Asociación Cultural e Veciñal Casco Vello traballamos para recuperar esta tradición e para iso organizamos uns obradoiros abertos à participación de todas as persoas interesadas de calquera idade. Neles aprenderemos e repasaremos a historia dos Cantos e Danzas de Reis de xeito lúdico, tal como facían os nosos devanceiros.

 

Nos primeiros días do novo ano, 2012, 2, 3 e 4, luns, martes e mércores, a partir das seis e media da tarde, sairemos polas rúas do centro, dende a rúa da Oliva á do Principe, a cantar os reis e a pedir o aguinaldo. O domingo, 8, xa pola mañá, iremos ata Torrecedeira a cantarlle ás criaturas e tamén ás persoas maiores desa parte da vila.

 

reis2012

 
Reconquista 2012. Concurso de carteis
Venres, 16 Decembro 2011 12:41


 

Bases do VI concurso do carteis Festa da Reconquista da Vila de Vigo

 

O obxectivo deste concurso é seleccionar un cartel para empregar na divulgación do programa da Reconquista da Vila de Vigo 2012, que organiza a Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello de Vigo (AVC Casco Vello) en colaboración coa Concellería de Cultura e Festas do Concello de Vigo.

 

Neste concurso poden participar todas as persoas físicas ou xurídicas que o desexen, podendo presentar cada unha delas unha única obra que deberá ser inédita.

 

Os orixinais realizaranse verticalmente, en papel de tamaño A3 (29,7x42 cm), e presentaranse protexidos e montados sobre soporte ríxido e desmontable, que permita a súa perfecta exposición. Ao mesmo tempo entregarase copia en soporte informático (jpg, bmp, png). A técnica para utilizar será libre, dentro dos límites usuais que permita unha normal reprodución fotomecánica.

 

No caso de remitirse facturados, a AVC Casco Vello non responderá de posibles danos nin extravíos, como tampouco da súa devolución.

 

A AVC Casco Vello non responderá dos posibles danos que poidan sufrir os carteis como consecuencia do seu transporte, manipulación, montaxe e desmontado, no caso de realizarse algunha exposición destes. Por este motivo recoméndase que os carteis se presenten en soporte de cartón, cartón pluma ou similar, evitando o emprego de cristal, metacrilato, enmarcado, etc.

 

Os orixinais deberán incluír necesariamente os seguintes textos:

 

 

  • Logotipo da Concellería de Cultura e Festas do Concello de Vigo. Descargar

 

A AVC Casco Vello corrixirá os posibles erros dos textos que figuren nas obras, así como calquera modificación de datas ou doutro tipo que puidesen xurdir. Tamén se reservará a facultade de modificar ou substituír o logotipo que apareza no orixinal, así como de variar a súa localización na composición definitiva do cartel que se edite.

 

Os carteis presentaranse no local da AVC Casco Vello, rúa Oliva nº 12 baixo, de luns a venres, en horario de 18:00h a 20:00h. O prazo de presentación será do 16 de decembro do 2011 ao 13 de xaneiro do 2012. Non serán admitidos os carteis que se reciban con posterioridade á data e hora indicadas, calquera que sexa a causa do retraso.

 

A resolución do xurado publicarase o 17 de xaneiro de 2012.

 

Estas bases comunicaranse a través dos medios de comunicación e estarán a disposición das e dos interesadas/os no propio local da asociación, así como, na súa páxina web: www.avcascovello.com.

 

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 Seguinte > Final >>

Páxina 5 de 6
© 2014 Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello de Vigo