Orfeón Mariñeiro

logoorfeon

 

 

O Concello de Vigo colaborou no financiamento dos gastos de contratación e fomento do emprego da asociación e, en xeral, da inserción laboral, o fomento do emprego, do asociacionismo e da participación cidadá.

 logo concello

 

O Concello de Vigo participa no financiamento das gastos de mantemento e fomento de actividades desta asociación.

minilogocascovello

imaxes

imaxes

Twitter Casco Vello

Festas
Noite Meiga 2013
Martes, 18 Xuño 2013 10:14

O domingo, 23 de xuño, celebraremos a Noite Meiga do Casco Vello na praza do Berbés. Pero antes de que iso ocorra temos preparadas outras actividades

 

Venres 21

Ás 20.00 horas: Relatorio sobre as herbas de San Xoán (Cánovas del Castillo)

 

Sábado 22

Ás 18.30 horas: Saída para recoller herbas. Lugar de encontro: Local da AV de Candeán

 

Domingo 23

Dende as cinco da tarde estaremos rematando de montar a fogueira.

 

  • Ás 22.00 horas: Obradoiro de danzas do mundo
  • Ás 23.30 Aquelarre co Bruxo Queimán
  • Ás 24.00 horas: Aquelarre de lume e auga

 

O lume e a auga serán os protagonistas dunha note máxica na que faremos o tránsito ao verán, ás colleitas e a luxuria.

Preparade a auga aromática coas herbas que recolleredes a noitiña, na que non ha de faltar herba luisa e herba do sanxoán, e deixarédelas ao resío da noite para lavar as caras e abrir os ollos e ver con claridade o resto do ano.

  meiga-13w1
 
XXXI Festa dos Maios 2013
Mércores, 01 Maio 2013 19:16

 

  maios-13w

Este ano celebramos a XXXI edición da Festa dos Maios. Esta festa de recibimento da primavera e da fermosura e sensualidade que trae con ela, na que os campos se enchen de flores e as rúas de xentes contaxiadas polo optimismo que a luz e as caricias dos raios do sol sobre a pel espida produce nelas, é unha celebración ancestral que recuperamos para o goce da veciñanza.

Coincidindo coa festa dos Maios a Asociación veciñal e Cultural Casco Vello fai un recoñecemento a persoas ou colectivos que se teñan destinguido pola súa contribución na mellora da calidade de vida, coñecemento e/ou defensa do barrio histórico e da súa cultura. Como proba deste agradecemento, fáiselle entrega da escultura do Maio de Cor, escultura  cerámica realizada por Emilia Guimerans.

Ese ano acordamos outorgarllo á Fundación Penzol, no ano en que se cumpren o cincuentenario da súa fundación e o centenario do nacemento do que do que fora o seu fundador e primeiro director don Francisco Fernández del Riego.

O traballo e compromiso e dedicación da Fundación Penzol con Galicia, con Vigo e co seu barrio histórico fana máis que merecedora deste recoñecemento.

 

PROGRAMA

10h Comezo dos obradoiros

11:00h Obradoiro de debuxo

12:00h Actuación de Codia e Miolo

13:00h Animación de rúa

17:00h Animación de rúa

18:00 Entrega Maio de cor. De seguido, representación da festa dramatizada dos Maios

O remate presentación do quinto traballo discográfico d’ Os Carunchos, Ti que?

 
Programa Festa da Reconquista 2013
Venres, 22 Marzo 2013 10:06

 

Sábado 6 de Abril

 

10:00 h Apertura do mercado

13:00 h Actuación de Os Quinquilláns-Teatro (praza da Constitución)

18:00 h Inauguración da Festa (praza do Berbés)

18:15 h Representación da destitución da Corporación da Vila de Vigo (praza do Berbés)

19:00 h Demostración de esgrima antiga (praza do Berbés)

19:30 h Actuación de Os Quinquilláns-Teatro (praza da Constitución)

21:30 h Concerto dos Terribles de Donas (praza do Berbés)

23:00 h Peche do mercado

 

Domingo 7 de Abril

 

10:00 h Apertura do mercado

12:00 h Demostración de esgrima antiga (praza do Berbés)

18:00 h Representación da Reconquista da Vila de Vigo. (Porta do Sol)

Vístete de época e participa ( 1809)

21:00 h Concerto de Mel de Meiga. (praza do Berbés)

23:00h Peche do mercado

  plano festaw

 

 ANIMACIÓN DE PRAZAS E RÚAS

Durante os dous días máis de 30 grupos de música tradicional, animaran o barrio: gaiteiros, pandereteiras, treboadas, xigantes e cabezudos …

Zona 1: Praza da Constitución

 

Artesanía  e alimentación

 Demostracións de artesanía: Senlleiro, fiado e tecido, zoqueiro, vidreiro, cestería

Zona  2: Praza da Princesa

Artesanía e alimentación

Zona 3: Rúa e praza de Joaquín Yáñez e Rúa Palma

Artesanía e alimentación

Zona 4: Praza da Pedra e rúa Oliva

Campamento francés, artesanía e alimentación

Demostracións de artesanía: Torneiro e tallista

Zona 5: Méndez Núñez e Chao

Alimentación e artesanía

Demostracións de artesanía: Ferreiro e oleiro

Zona 6: Rúa Real

Artesanía

Zona 7: Teófilo Llorente

Artesanía e alimentación

Zona 8:  Praza do Berbés

Concertos, zona Infantil , alimentación

Demostracións de artesanía: Canteiro, oleiro, latoeiro

 Zona 9:  Rúa da Gamboa

Batalla e rendición das tropas napoleónicas

 

 

EXPOSICIÓNS

 

1809: O papel do home e da muller

Casa Galega da Cultura do 22 de marzo

VII Concurso de carteis da Reconquista da Vila de Vigo

Lonxa do Concello de Vigo, do 14 de marzo ao 8 de abril

Estampas de Galicia: Colección de bonecas de Carmen Costas

Instituto Camoês (praza de Almeida), do luns, 25 de marzo ao 7 de abril

 


 

 
Cea da Reconquista 2013
Luns, 18 Febreiro 2013 16:01

 

CEA DA ÉPOCA de 1809

 

Cando? O sábado, 23 de marzo

Onde? No Centro Veciñal e Cultural de Valladares (ver mapa)

Quen pode participar? A participación na cea está aberta a todas as persoas que desexen asistir e cumpran dous requisitos:

    • Vestir de xeito adecuado á época, como se estiveramos en 1809
    • Abonar o importe da cea, 20 €, no prazo establecido

Onde e como podo anotarme? Dende o luns, 18 de febreiro, ate o venres, 15 de marzo, estará aberto o prazo para inscribirse, no local da Asociación de luns a venres, de 11.00 a 13.30 e de 17.00 a 20.00, abonando o importe de 20 € por persoa.

 

De cubrirse o aforo antes da data de finalización do prazo, daríase por pechada a inscrición, e anunciaríase nesta web. Establecerase un servizo de transporte entre o Casco Vello e o lugar da cea, pasando por Pi i Margall e as Travesas. Coa cea iniciaremos os actos da Festa de Reconquista que se celebrarán os días 6 e 7 de abril, sábado e domingo.

 

 
Premios VII do concurso de carteis da Reconquista 2013
Venres, 21 Decembro 2012 09:17

 

Presentamos os carteis premiados do VII Concurso de Carteis da Festa da Reconquista. O fallo dos premios producírase na noite do mércores, 18 de decembro. O xurado estivo composto por Isaura Abelairas concelleira de Cultura e Festas do Concello de Vigo, como presidenta; Cándido Pérez Betanzos, presidente da AVC Casco Vello, como secretario; Fátima Suárez, membro da Comisión de Cultura da AVC Casco Vello, e como vocais independentes do mundo da cultura, as artes, Francisco Domínguez martínez, director da Fundación Penzo, e Liliana Lista Cabral. Os membros do xurado destacaron a calidade dos traballos presentados, trinta e seis en total, procedentes de toda España.

 

w_jaque

w_chulia

w_simbolos

Accesit

Jaque Mate

Andrea Antepazo Camiña

Primeiro premio
Chuliña

Isabel Nuñez Montero

Accesit

Símbolos

Iñaki Fernández Iturmendi


 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 Seguinte > Final >>

Páxina 4 de 6
© 2014 Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello de Vigo