Orfeón Mariñeiro

logoorfeon

 logo emprego 18

 

O Concello de Vigo colaborou no financiamento dos gastos de contratación e fomento do emprego da asociación e, en xeral, da inserción laboral, o fomento do emprego, do asociacionismo e da participación cidadá.

 logo concello

 

O Concello de Vigo participa no financiamento das gastos de mantemento e fomento de actividades desta asociación.

minilogocascovello

imaxes

imaxes

Twitter Casco Vello

Festas
Bases dos postos do mercado da Reconquista 2015
Luns, 05 Xaneiro 2015 00:00

Abríuse o prazo de presentación de solicitudes de postos no mercado da Festa da Reconquista da Vila de Vigo que se celebrará os días 28 e 29 de marzo de 2015. O prazo comeza o 6 de xaneiro e rematará o xoves 5 de febreiro.

 

As solicitudes de inscrición remitiranse á entidade organizadora, a Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello, sita na rúa Oliva 12, 36202 Vigo; ou entregaranse físicamente na oficina veciñal sita na rúa Cánovas del Castillo 2 baixo, en horario de lúns a venres de 11:00 a 13:30 horas ou de 17:00 a 20:00 horas.

 

A continuación publicamos os enlaces para descargar o formulario de solicitude e as bases de instalación dos postos.

 

  postoreconquista

 

 


 

 
Reconquista 2015: concurso de carteis
Martes, 11 Novembro 2014 20:00

 

Bases do IX Concurso de Carteis da Festa da Reconquista da Vila de Vigo

 

O obxectivo deste concurso é seleccionar un cartel para empregar na divulgación do programa da Reconquista da Vila de Vigo 2015, que organiza a Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello de Vigo (dende agora AVC Casco Vello) en colaboración co Concello de Vigo.

 

Neste concurso poden participar todas as persoas físicas ou xurídicas, e poderán presentar cada unha delas unha obra, coa condición de que sexan inéditas.

 

 
Video resumo da Festa do Samaín 2014
Luns, 10 Novembro 2014 20:00
 videosamain2014

 

Publicamos na canle en Youtube da AVC Casco Vello o vídeo resumo da celebración da última Festa do Samaín que tivo lugar na Praza do Berbés do casco vello de Vigo no serán do pasado venres 31 de outubro de 2014.

 

Botádelle unha ollada ao vídeo resumo no seguinte enlace (VIDEO)

 


 

 
Festa do Samaín 2014
Sábado, 25 Outubro 2014 00:00

  samain2014

 

A véspera de Santos, o venres 31 de outubro, a partires das 17.30 horas, na praza do Berbés, celebraremos a Festa do Samaín. Unha festa, dirixida de xeito especial ás criaturas, pero na que tamén participaremos as xentes de máis idade para transmitirlles as tradicións, os costumes, as lendas, e divertírmonos todos e todas.

 

A Festa do Samaín é unha celebración das máis antigas do mundo celta, na que se celebra o remate do verán e das colleitas, e se lle abre a porta a estación escura, o inverno, coa que comezaba o novo ano. Unha oportunidade de relación entre os vivos cos seus antepasados.

 

PROGRAMA

 

A partir das 17:30 horas

    • Obradoiro de cabazas
    • Contacontos
    • Magosto infantil

 

FOLIADA DE DEFUNTOS

 

A partir das 20:00 horas, coa participación de

    • Pandereteiras de Alcabre
    • Pandereteiras do Faneco
    • Grupo de gaitas de Comesaña
    • Pelexo de ghaita 
    • Os catro quintos

 


 

 
Noite Meiga 2014
Martes, 17 Xuño 2014 17:45

 

 

 

A noite do 23 ao 24 de xuño: lume e auga no Berbés

 

Dende as cinco da tarde estaremos rematando de montar a fogueira.

  • Ás 18:00 horas: Obradoiro da Noite Meiga para as criaturas
  • Ás 19:00 horas: Contacontos
  • Ás 22.30 horas: Obradoiro de danzas do mundo
  • Ás 23.00 Ruada de bruxas e castróns polas rúas e prazas do barrio
  • Ás 24.00 horas: Lume e auga

 

  noite-meiga-14

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 Seguinte > Final >>

Páxina 3 de 6
© 2014 Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello de Vigo