Venres, 13 Marzo 2020 00:00 |
 |
Por orde das autoridades ante a emerxencia sanitaria, a Festa da Reconquista da Vila de vigo queda adiada ata novo aviso. Isto inclúe todos os actos asociados, como por exemplo a Reconquista Infantil ou o certame gastronómico Retapas.
Mais seguimos en pé de guerra! Unha vez superada a crise, cando contemos co pertinente visto e prace das autoridades, anunciaremos as novas datas da Reconquista 2020 co programa previsto. Estade atentos!
|
|
|
Mércores, 09 Xaneiro 2019 00:00 |
Abriuse o prazo de presentación das solicitudes dos postos no mercado da Festa da Reconquista da Vila de Vigo 2020, que se celebrará os vindeiros días 27, 28 e 29 de marzo. O prazo comeza o xoves 16 de xaneiro e rematará o venres 7 de febreiro.
As solicitudes de inscrición remitiranse á entidade organizadora, a Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello, quer ao seu enderezo físico na rúa Cánovas del Castillo, 2, baixo (por correo postal ou de forma presencial de luns a venres de 17.00 a 20.00 horas), quer ao seu enderezo electrónico (
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
).
A continuación publicamos os enlaces para descargar o formulario de solicitude, as bases de participación no mercado e os diversos anexos relacionados.
|

|
|
Sábado, 27 Outubro 2018 00:00 |
|
A véspera de Santos, o venres 31 de outubro, a partires das 17.30 horas, na praza do Berbés, celebraremos a Festa do Samaín. Unha festa, dirixida de xeito especial ás criaturas, pero na que tamén participaremos as xentes de máis idade para transmitirlles as tradicións, os costumes, as lendas, e divertírmonos todos e todas.
A Festa do Samaín é unha celebración das máis antigas do mundo celta, na que se celebra o remate do verán e das colleitas, e se lle abre a porta a estación escura, o inverno, coa que comezaba o novo ano. Unha oportunidade de relación entre os vivos cos seus antepasados.
PROGRAMA (haberá carpa de 300 metros instalada)
-
- 17:00 - Obradoiro de maquillaxe e calacús.
- 18:00 - BAILADORIÑ@S: xogos tradicionais.
- 19:00 - Espectáculo TRAGA e TÉRRAME.
- 19:30 - Actuacións grupos tradicionais infantís.
- 20:00 - Saída da SANTA COMPAÑA polo barrio.
- 20:30 - Foliada de Defuntos.
|
|
|
Luns, 15 Outubro 2018 00:00 |
Aínda que quedan uns cantos meses para a súa celebración, este sábado terá lugar na Praza do Berbés a Festa de Presentación da Reconquista de Vigo, que nesta edición cumpre 25 anos desde a primeira vez que se levou a cabo.
O sábado 27 coñeceremos a imaxe da XXV edición da Reconquista de Vigo, que se celebrará a principios do mes de abril do 2019. O obxectivo desta festa de presentación é o de converter á Reconquista en Festa de Interese Turístico Nacional. Pola súa historia e significación, tanto local como nacional, o obxectivo semella ambicioso pero posible. A festa cumpre con todos os requisitos necesarios para conseguilo, pero lle falta maior repercusión a nivel estatal. Se non se consegue para este ano, intentarase para o que vén.
A festa comezará a redor das 12:30 na Praza do Berbés. A esa hora amenizará a celebración o grupo D’Esmorga. O resto de concertos serán a partir das 21:00 horas e tocarán o Orfeón Mariñeiro do Berbés, Os Cuncheiros e a banda The Tetas Van.
Ademais de música, pola tarde haberá talleres infantís e postos gastronómicos para que a festa non decaiga. Será sobre as 21:30 cando se coñecerá a imaxe deste da Festa da Reconquista 2019.
|
|
|
Mércores, 04 Xaneiro 2017 00:00 |
|
O vindeiro xoves 5 de xaneiro os Magos de Oriente visitarán os locáis da Asociación Veciñal Casco Vello de 19:00 a 20:30 horas para recibir a tódolos nenos do barrio que queran achegarlle as suas peticións para a noite máxica.
Tódolos nenos e nenas que queran participar poden acudir ao nosos local da Asociación Veciñal na rúa Canovas del Castillo 2, baixo.
Haberá agasallos e chocolatada para tódolos asistentes.
|
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 Seguinte > Final >>
|
Páxina 1 de 5 |