Orfeón Mariñeiro

logoorfeon

 emprego 2019 

O Concello de Vigo colaborou no financiamento dos gastos de contratación e fomento do emprego da asociación e, en xeral, da inserción laboral, o fomento do emprego, do asociacionismo e da participación cidadá.

 logo concello

 

O Concello de Vigo participa no financiamento das gastos de mantemento e fomento de actividades desta asociación.

minilogocascovello

imaxes

imaxes

Twitter Casco Vello

Novas
Recurtes no centro de saúde do Casco Vello
Mércores, 20 Abril 2016 00:00

Os profesionais do centro de saúde do Casco Vello apoiados polos usuarios emprenderon unha campaña de recollida de sinaturas e denuncia mediante pancartas nas fiestras do centro para reclamar que se cubra a praza dun médico xubilado recentemente que atendía á 1.200 veciños do noso barrio.

 

Existen sospeitas de que a intención do Sergas é de non reemplazar a vacante ocasionada pola xubilación dese facultativo e baséanse en que nas vacacións deste médico a praza só se cubríu en días alternos e con distintos profesionáis, e que esta situación segue repetíndose unha vez xa xubilado o doutor Juan Reboredo.

  centro saude cv

  

 
Concentración de apoio ao centro de saúde do Casco Vello
Martes, 19 Abril 2016 00:00

Os veciños do Casco vello de Vigo e os profesionáis do centro de saúde situado na Praza da Constitución e que atende ao barrio, convocan unha concentración de apoio a este servizo de sanidade primaria fronte ós recurtes e ameaza de desmantelamento progresivo que pretende o SERGAS despóis de negarse a reemprazar as baixas facultativas causadas neste centro por mor da xubilación de varios médicos.

 

A concentración de apoio e defensa do centro de saúde do Casco Vello producirase o vindeiro venres 6 de maio ás 20:00 horas na Praza da Constitución.

  concentracioncentrosaude

  

 


 

 
A Festa da Reconquista 2015 celebrarase durante dúas fins de semana
Martes, 20 Xaneiro 2015 00:00
  reunion reconquista

A directiva da Asociación Veciñal e Cultural do Casco Vello de Vigo anunciou a principal novidade da celebración deste ano, despois dunha reunión que tivo lugar este martes dia 20 co Alcalde e representantes do Concello de Vigo. A directiva indicou que a festa terá lugar tanto na fin de semana previa como na propia do 28 e 29 de marzo, con actividades, mercadiños e escenificacións en cada unha.

 

A intención da asociación veciñal é facer en 2015 unha Festa da Reconquista máis extensa no tempo e máis intensa en cada un dos días, que se alongará durante dúas fins de semana: a propia do 28 e 29 de marzo e a inmediatamente anterior do 21 e 22 de marzo.

 


 
Chegada dos Magos de Oriente ó barrio
Xoves, 01 Xaneiro 2015 00:00
  reis2015

 

No casco vello de Vigo, como xa é tradición nos últimos anos, polo Nadal tamén recibimos a visita da figura mítica dos Magos de Oriente que traerán presentes a tódolos nenos do barrio.

 

O vindeiro lúns 5 de xaneiro estarán as suas máxicas señorías no noso local veciñal situado na rúa Cánovas del Castillo 2, dende ás 19:00 horas ata as 21:00 horas recibindo a tódolos cativos do barrio.

 


 

 
Chegada do Apalpador ao barrio
Martes, 16 Decembro 2014 00:00
  apalpador

 

No casco vello de Vigo, como xa é tradición nos últimos anos, polo Nadal recibimos a visita da figura mítica do Apalpador que traerá presentes a tódolos nenos do barrio.

 

O vindeiro xoves 18 estará en Torrecedeira, no edificio do Grupo de Pescadores, dende ás 17:00 horas acompañado dun contacontos de Nadal e obradoiros para tódolos cativos.

 

Será o martes 23 de decembro cando o Apalpador entre polas rúas do casco vello ata a Praza da Constitución para estar toda a xornada, acompañado de música e obradoiros.

 

A visita do Apalpador en Torrecedeira organízase en colaboración coa Concellería de Normalización Linguística do Concello de Vigo, a ANPA do CEIP Ramón y Cajal (Picacho).

 


 

 
II Campaña solidaria de recollida de xoguetes
Martes, 25 Novembro 2014 00:00
  recollida xoguetes 2015

 

No casco vello xogamos todos: ata o vindeiro 17 decembro organizamos dende a Asociación Veciñal e Cultural do Casco Vello unha campaña solidaria de recollida de xoguetes en colaboración co ANPA do CEIP Ramón y Cajal (Picacho) e varios establecementos do barrio.

 

Os punto de recollida están situados no local da AVC Casco Vello, no CEIP Ramón y Cajal (Picacho), no Bar Princesa, na tenda Pitiusas, no Centro de Ocio Infantil Trasnos e tamén no café bar O Curruncho dos Titos.

 

Tódolos interesados en colaborar poden contactar no teléfono 650 428 095 ou na oficina da Asociación na rúa Canovas del Castillo 2, baixo.

 


 

 
Campaña solidaria de recollida de xoguetes
Domingo, 23 Novembro 2014 20:00
  recollida xoguetes 2014

 

No casco vello xogamos todos: ata o vindeiro 19 decembro organizamos dende a Asociación Veciñal e Cultural do Casco Vello unha campaña solidaria de recollida de xoguetes en colaboración co ANPA do CEIP Ramón y Cajal (Picacho) e varios establecementos do barrio.

 

Os punto de recollida están situados no local da AVC Casco Vello, no CEIP Ramón y Cajal (Picacho), na librería Libros para Soñar, no Bar Princesa, na tenda Pitiusas, no Centro de Ocio Infantil Trasnos e tamén no café bar O Curruncho dos Titos.

 

Tódolos interesados en colaborar poden contactar no teléfono 650 428 095 ou na oficina da Asociación na rúa Canovas del Castillo 2, baixo.

 


 

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 Seguinte > Final >>

Páxina 2 de 5
© 2014 Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello de Vigo