Orfeón Mariñeiro

logoorfeon

 emprego 2019 

O Concello de Vigo colaborou no financiamento dos gastos de contratación e fomento do emprego da asociación e, en xeral, da inserción laboral, o fomento do emprego, do asociacionismo e da participación cidadá.

 logo concello

 

O Concello de Vigo participa no financiamento das gastos de mantemento e fomento de actividades desta asociación.

minilogocascovello

imaxes

imaxes

Twitter Casco Vello

Novas
Nova directiva na Asociación Veciñal
Sábado, 02 Outubro 2010 09:48

Onte nunha Asemblea Extraordinaria a Asociación Veciñal e Cultural do Casco Vello elixiu unha nova Xunta Directiva, presidida por Cándido Pérez Betanzos ten como secretario a Xosé Lois Gutiérrez Pais.

Entre os obxectivos e as propostas para o traballo vindeiro destacamos:

  • Local para que os socios e a veciñanza teña un lugar de encontro, lecer e actividades
  • Memoria fotográfica do barrio
  • Demandar que a utilización do Aparcamento da Porta do Sol para residentes
  • Mellora sistema de comunicación: web, blog, explotar recursos das redes sociais para a comunicación cos socios e ca cidadanía
  • Facer un seguimento das zonas libres de ruído e incorporar á norma aquelas que no ámbito territorial da Asociación están a sufrir este problema.
  • Manter o proxecto de Coidadores de barrio
 
Naves de redeiros peirao do Berbés
Xoves, 23 Setembro 2010 09:39

A Asociación de Veciños do Casco Vello acordou denunciar diante do Concello a realización de obras sen licenza para a adaptación das vellas chabolas de redeiros e a súa conversión en restaurantes, bares postos de degustación ou como alguén deu en chamar “pescadoteca” .

 

Esta denuncia, insírese na campaña que xunto cos comerciantes de Vigo Vello levaremos adiante para que no peirao do Berbés, dentro do recinto portuario, non se instalen negocios de hostalaría abertos ao público xeral, competindo con vantaxe cos negocios tradicionais do Casco Vello, en lugar de permitir que a cidadanía se achegue ao mar e recupere un espazo tantas veces prometido polos distintos responsábeis da Autoridade Portuaria.

 

A instalación no recinto portuario da mal chamada “pescadoteca”, pois lugares de almacenamento e exposición de peixe hai abondo dentro e fora do porto, a posta en marcha dunha actividade que non é propia nin complementaria das actividades portuarias que non se corresponde cos seus usos e rematará por producir beneficios para os premiados pola adxudicación mellor colocados a conta do deterioro que causarán na restauración tradicional do outro lado do balado e será un motivo co que xustificarán de novo a falta de aprobación do plan de uso

 

A súa pretensión e actitude, por reiterada, é unha mostra da súa falta de compromiso coa cidade e a súa cidadanía, un empeño en vivir de costas a ela.

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 Seguinte > Final >>

Páxina 5 de 5
© 2014 Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello de Vigo