Martes, 05 Xuño 2012 17:50 |
Para compartir coa veciñanza e a cidadanía os traballos e as actividades que se realizan durante o curso, convidámosvos o sábado, 9 de xuño, na praza da Pedra, a participar do convivio e actividades que organiza a Asociación Veciñal
PROGRAMA
12:00 hs Exposicións durante toda a xornada de traballos de corte e confección, traballos manuais, roupa tradicional, calceta, patchwork, etc. .
12:15 hs Obradoiros para os máis cativos.
13:00 hs Aula de Gaita e percusión.
13:30 hs Aula de Acordeón.
18:00 hs Obradoiros de xogos tradicionais, colares…
19:00 hs Aula de Baile Tradicional Iniciación.
19:20 hs Aula de canto tradicional e pandeireta .
19:40 hs Aula de Danza Oriental.
20:00 hs Aula de Baile Tradicional perfeccionamento.
20:30 hs Orfeón tradicional mariñeiro.
21:00 hs Grupos convidados. |
|
Mércores, 14 Decembro 2011 13:37 |
CHARLA INFORMATIVA
“Recortes e privatizacións sanitarias en Galicia e Vigo. A Sanidade Pública en perigo”
Venres, 16, ás 20:00 horas
Salón de actos do Centro Cívico do Casco Vello
Intervirán
Manuel Martín García. Médico, Portavoz da Plataforma SOS Sanidade Pública. Situación en Galicia
Manuel González Moreiras. Médico Xunta Persoal Área de Vigo. Portavoz da Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública de Vigo:Situación en Vigo |
Xoves, 10 Novembro 2011 19:55 |
A Asociación Etnográfica “A Merdeira” ven de convocar un concurso para seleccionar o seu logotipo.
Prazo de presentación: Do 11 ao 28 de novembro
Lugar: Centro Social A Revolta, rúa Real 32, 36202 VIGO
Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello
Descargar bases
|
Xoves, 15 Setembro 2011 18:55 |
O domingo, 9 de outubro, faremos unha excusión a Allaríz co seguinte itinerario:
- 9.00 hs Saída dende a praza do Berbés
- Visita a Vila de Allariz, o Museo do Coiro, o do Liño e o Museo Galego do Xoguete
- 14.30 Xantar
- Tarde libre
- 21.30 Chegada a Vigo
O prezo, xantar incluído, é de 27 € para as persoas asociadas e de 30 € para as non asociadas. Os nenos ate 12 anos pagan 15 € |
Martes, 25 Xaneiro 2011 19:35 |
CURSO DE CALCETA E TECIDO CON MÁQUINA DE TRICOTAR E AGULLAS
Coa aprendizaxe práctica que se che facilita aprenderás a tecer e calcetar. Así poderás montar as pezas de punto que desexes: unha bufanda, un xersei, unha saia…
Información e inscrición no local da Asociación
OBRADOIRO DE CONFECCIÓN DE TRAXES DE ÉPOCA
O venres 28, comeza o tradicional obradoiro para confeccionar os traxes de 1809, época da reconquista.
Información e inscrición no local da Asociación
CURSO DE ALFARERÍA
Un acercamento ao traballo con barro culminando coa realización de pezas no torno do alfareiro
Información e inscrición no local da Asociación |
Venres, 14 Xaneiro 2011 10:03 |
CURSO PRESENCIAL DE FORMACIÓN ACTORAL DE TEATRO DE RÚA
Curso gratuíto de 25 horas de duración.
Prazas: Quince
Lugar e horario: Centro Cívico do Casco Vello. Venres de 16.00 a 18.30 hs
Inscrición: Na AVC Casco Vello de 18.00 a 20.00. Ate o mércores, 26, ás 20.00 hs
Comezo: Venres 21 de xaneiro
O obxectivo deste curso presencial de formación actoral de teatro de rúa, dar unha formación básica de técnica teatral, de forma que desenvolvan por medio de improvisacións un personaxe do Vigo Vello, que guiará aos potenciais turistas de curta estancia, pola historia da cidade.
|
Sábado, 30 Outubro 2010 09:41 |
O concelleiro de da Área de Mobilidade, Transporte e Seguridade comunicounos que xa está aberto o prazo para solicitar unha das trinta prazas de vinte e catro horas para residentes do Casco Vello.
As prazas poden solicitarse nas oficinas do aparcamento ate o 19 de novembro. De superar o número de solicitudes o das prazas ofertadas, adxudicaranse en función dos criterios que o Concello determine, ao tempo que se procurará axustar a oferta á demanda para atender todas as solicitudes da veciñanza do barrio.
Esta solución que entendemos provisioria ate que o aparcamento da Porta do Sol sexa para residentes é a materialización da resposta do alcalde ás demandas da veciñanza en relación co aparcamento |
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 Seguinte > Final >>
|
Páxina 4 de 5 |