Orfeón Mariñeiro

logoorfeon

 emprego 2019 

O Concello de Vigo colaborou no financiamento dos gastos de contratación e fomento do emprego da asociación e, en xeral, da inserción laboral, o fomento do emprego, do asociacionismo e da participación cidadá.

 logo concello

 

O Concello de Vigo participa no financiamento das gastos de mantemento e fomento de actividades desta asociación.

minilogocascovello

imaxes

imaxes

Twitter Casco Vello

Novas
Denuncia do perigoso chan esvaradizo da Praza do Berbés
Xoves, 13 Novembro 2014 00:00

 

Dende a AVC Casco Vello denunciamos dende hai moito tempo o perigo que representa para os veciños e visitantes o esvaradizo chan da Praza do Berbés, que se acrecenta máis coas choivas e nas inmediacións das árbores que rodean a estátua homenaxe ó Pescador.

 

O pasado lúns 27 de outubro nunha reunión mantida co Alcalde, Abel Caballero, transmitíronselle as queixas e preocupación sobre este problema e demandouse unha solución, ao que o Alcalde respondeu que estudaría o problema e buscarían como resolvelo axiña.

 

Transcurridas varias semanas o único feito ata agora foi o precintado da zona máis perigosa da praza pola Policía Local ante a chegada das choivas e as constantes caídas e denuncias dos veciños.

 

 

Na prensa recóllese estos días o problema e denuncias dos veciños: Faro de Vigo (13/11/2014), Televisión de Galicia (13/11/2014).

  chanberbes

 

 


 

 
Oferta de emprego
Luns, 09 Xuño 2014 19:23

 


 

OFERTA DE EMPREGO

 

Suxeita á concesión da subvención do Plan de Emprego Municipal 2014

 

Requisitos para todos os postos:

 

  • Empadroamento no Concello de Vigo

  • Demandante de emprego

  • Experiencia laboral no posto a desenvolver

  • Período de contratación: do 16/06/2014 ao 31/10/2014

  • Condicións suxeitas ao Convenio Colectivo de OCIO EDUCATIVO E ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL

  • Prazo presentación curricula: Ate o venres, 13 de xuño de 2014, ás 20:00 horas, na oficina da Asociación, Cánovas del Castillo 2, baixo

 

Posto: TÉCNICO/A DE ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL

Posto: ADMINISTRATIVO/A


 

 
Situación Sereos
Mércores, 26 Febreiro 2014 13:28

A Asociación Veciñal Cultural Casco Vello, ás persoas asociadas e á veciñanza do seu ámbito territorial en relación co programa SEREOS, traslada a seguinte información:

 

Segundo nos acaban de comunicar da Alcaldía do Concello de Vigo “é absolutamente falso que se vaia a proceder á inauguración dun local para SEREOS no Pavillón do Berbés ou nas súas proximidades”.

 

Este desmentido, prodúcese a raíz dunha pregunta que a este respecto se lle fixo ao alcalde esta mañá, nunha comparecencia de prensa, e que o alcalde se encargou de desmentir.

 

Sabemos que persoas anónimas teñen interese en provocar unha situación de desconfianza lanzando rumores a diario sobre as posibles solucións á situación de SEREOS. 

 
Outonos de mar e terra
Sábado, 05 Outubro 2013 08:51
  outonos-131004

 

 

Co patrocinio do Concello de VigoOutonos de mar e terra, é a denominción común para os concertos que Orfeón Mariñeiro do Berbés  ofrecerá nas vindeiras datas, coa organización da AVC Casco Vello, a VCD Lavadores, e a Asociación de Mariñeiros Artesanais de Bouzas.

 

Os concertos celebraránse nas seguintes datas e lugares:

 

  • 10 outubro, ás 20.30 horas, na praza da Constitución
  • 27 outubro, ás 18.00 horas, na ACD Lavadores (Avda Ramón Nieto 302)
  • 30 novembro, ás 20.00 horas,  XV  Concerto de Corais  de Canción Mariñeira en Bouzas, no IES Audiovisuais (rúa Eduardo Cabello)
 
Festa das letras floridas
Mércores, 22 Maio 2013 08:21

 

Domingo día 26 de maio

 

Cento cincuenta anos da publicación de Cantares gallegos na rúa Real

Festa das letras floridas no barrio de Rosalía

 

PROGRAMA

 

-De 8 a 12. Factura da Alfombra floral. Desde a praza de Almeida pola Rúa Real abaixo, ata onde dean os recursos florais, mínimo ata a placa existente.

-De 11 a 12. Poetas recitan no medio da rúa, da xente e das flores.

-De 12 a 13. Na praza da Constitución, Baile, música, pandeireta... animación sociocultural.

-Ás 13. Na praza de Almeida, alocución dos representantes das entidades organizadoras.

A continuación, Coro dos Cantares do Brión e Orfeón Mariñeiro do Berbés.

-Ás 14. Himno galego diante da casa coa placa de Rosalía e Cantares.

 

 

ORGANIZAN

 

Fundación Rosalía de Castro

Concello de Vigo

Asociación veciñal e cultural do Casco Vello

Federación de asociación veciñais

de Vigo “Eduardo Chao”

DAG Asociación galega de deseñadores

  rosalia-cartaz
 
Concerto Orfeón Mariñeiro do Berbés
Venres, 19 Abril 2013 08:19

O domingo, 28 de abril, ás 19:30 no auditorio do Teatro García Barbón (agora Novagaliciabanco), entrada pola rúa Marqués de Valladares, o Orfeón Mariñeiro do Berbés ofrecerá un concerto para presentarse diante do público. As invitacións, ata completar o aforo, poden solicitarse na AVC Casco Vello, na rúa Oliva 12, de luns a venres, e das 11:00 ás 13:30, e das 16:30 ás 19:30 horas.

 

 

orfeon-cartel-130428

 
Blog Orfeón Mariñeiro do Berbés
Xoves, 08 Novembro 2012 10:29

  blog_omb

Dende hai unhas semanas, esta accesible dende o menú desta mesma web, o blog do Orfeón Mariñeiro do Berbés.

Este grupo de canto mariñeiro e tabernario deu as súas primeiras voces nos sotos da nosa Asociación Veciñal e Cultural.

Do talento musical e das mans coas que o mestre Luís Prego interpreta no acordeón as cantigas tradicionais, o grupo de mulleres e homes, aos que lles foi aprendendo a cantar xuntos nun curso de canto estas pezas, posibilitaron a creación dun Orfeón do que a través deste blog e outros medios iremos dándovos noticia.

Compartimos nesta primeira entrega, uns vídeos gravados durante a actuación do Orfeón na II Cea da Festa da Reconquista. Estes vídeos son accesibles a través do blog ou directamente no canal de YouTube, Orfeón Mariñerio do Berbés

 

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 Seguinte > Final >>

Páxina 3 de 5
© 2014 Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello de Vigo