Orfeón Mariñeiro

logoorfeon

 

logo concello

 

O Concello de Vigo participa no financiamento das gastos de mantemento e fomento de actividades desta asociación.

minilogocascovello

imaxes

imaxes

Twitter Casco Vello

Novas
Oferta de emprego 2017
Mércores, 15 Marzo 2017 00:00

 

A Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello de Vigo publica unha oferta de emprego, suxeita a convocatoria de subvencións para o Fomento do Emprego de entidades sin ánimo de lucro 2017 do Concello de Vigo, para cubrir un posto de auxiliar administrativo a tempo completo no período comprendido entre o 17 de abril e o 30 de setembro de 2017 en xornada de mañá e tarde. Bases e requisitos.

  oferta 2016

 

 

 

 
Oferta de emprego 2016
Mércores, 11 Maio 2016 00:00

 

A Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello de Vigo publica unha oferta de emprego, suxeita a convocatoria de subvencións para o Fomento do Emprego de entidades sin ánimo de lucro 2016 do Concello de Vigo, para cubrir un posto de administrativo a tempo completo no período comprendido entre o 20 de maio e o 30 de setembro de 2016 en xornada de mañá e tarde. Bases e requisitos.

  oferta 2016

 

 


 

 
Recurtes no centro de saúde do Casco Vello
Mércores, 20 Abril 2016 00:00

Os profesionais do centro de saúde do Casco Vello apoiados polos usuarios emprenderon unha campaña de recollida de sinaturas e denuncia mediante pancartas nas fiestras do centro para reclamar que se cubra a praza dun médico xubilado recentemente que atendía á 1.200 veciños do noso barrio.

 

Existen sospeitas de que a intención do Sergas é de non reemplazar a vacante ocasionada pola xubilación dese facultativo e baséanse en que nas vacacións deste médico a praza só se cubríu en días alternos e con distintos profesionáis, e que esta situación segue repetíndose unha vez xa xubilado o doutor Juan Reboredo.

  centro saude cv

  

 
Concentración de apoio ao centro de saúde do Casco Vello
Martes, 19 Abril 2016 00:00

Os veciños do Casco vello de Vigo e os profesionáis do centro de saúde situado na Praza da Constitución e que atende ao barrio, convocan unha concentración de apoio a este servizo de sanidade primaria fronte ós recurtes e ameaza de desmantelamento progresivo que pretende o SERGAS despóis de negarse a reemprazar as baixas facultativas causadas neste centro por mor da xubilación de varios médicos.

 

A concentración de apoio e defensa do centro de saúde do Casco Vello producirase o vindeiro venres 6 de maio ás 20:00 horas na Praza da Constitución.

  concentracioncentrosaude

  

 


 

 
A Festa da Reconquista 2015 celebrarase durante dúas fins de semana
Martes, 20 Xaneiro 2015 00:00
  reunion reconquista

A directiva da Asociación Veciñal e Cultural do Casco Vello de Vigo anunciou a principal novidade da celebración deste ano, despois dunha reunión que tivo lugar este martes dia 20 co Alcalde e representantes do Concello de Vigo. A directiva indicou que a festa terá lugar tanto na fin de semana previa como na propia do 28 e 29 de marzo, con actividades, mercadiños e escenificacións en cada unha.

 

A intención da asociación veciñal é facer en 2015 unha Festa da Reconquista máis extensa no tempo e máis intensa en cada un dos días, que se alongará durante dúas fins de semana: a propia do 28 e 29 de marzo e a inmediatamente anterior do 21 e 22 de marzo.

 


 
Chegada dos Magos de Oriente ó barrio
Xoves, 01 Xaneiro 2015 00:00
  reis2015

 

No casco vello de Vigo, como xa é tradición nos últimos anos, polo Nadal tamén recibimos a visita da figura mítica dos Magos de Oriente que traerán presentes a tódolos nenos do barrio.

 

O vindeiro lúns 5 de xaneiro estarán as suas máxicas señorías no noso local veciñal situado na rúa Cánovas del Castillo 2, dende ás 19:00 horas ata as 21:00 horas recibindo a tódolos cativos do barrio.

 


 

 
Chegada do Apalpador ao barrio
Martes, 16 Decembro 2014 00:00
  apalpador

 

No casco vello de Vigo, como xa é tradición nos últimos anos, polo Nadal recibimos a visita da figura mítica do Apalpador que traerá presentes a tódolos nenos do barrio.

 

O vindeiro xoves 18 estará en Torrecedeira, no edificio do Grupo de Pescadores, dende ás 17:00 horas acompañado dun contacontos de Nadal e obradoiros para tódolos cativos.

 

Será o martes 23 de decembro cando o Apalpador entre polas rúas do casco vello ata a Praza da Constitución para estar toda a xornada, acompañado de música e obradoiros.

 

A visita do Apalpador en Torrecedeira organízase en colaboración coa Concellería de Normalización Linguística do Concello de Vigo, a ANPA do CEIP Ramón y Cajal (Picacho).

 


 

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 Seguinte > Final >>

Páxina 1 de 4
© 2014 Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello de Vigo