Orfeón Mariñeiro

logoorfeon

 

 

O Concello de Vigo colaborou no financiamento dos gastos de contratación e fomento do emprego da asociación e, en xeral, da inserción laboral, o fomento do emprego, do asociacionismo e da participación cidadá.

 logo concello

 

O Concello de Vigo participa no financiamento das gastos de mantemento e fomento de actividades desta asociación.

minilogocascovello

imaxes

imaxes

Twitter Casco Vello

Reconquista
Bases dos postos do mercado da Reconquista 2017
Luns, 09 Xaneiro 2017 00:00

Abríuse o prazo de presentación das solicitudes dos postos no mercado da Festa da Reconquista da Vila de Vigo 2017 que se celebrará os vindeiros días 1 e 2 de abril. O prazo comeza o 9 de xaneiro e rematará o 2 de febreiro.

 

As solicitudes de inscrición remitiranse á entidade organizadora, Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello, por correo postal no enderezo da rúa Oliva 12, 36202 Vigo; ou entregaranse físicamente na oficina veciñal situada na rúa Cánovas del Castillo 2 baixo, en horario de lúns a venres de 10:00 a 13:30 horas ou de 17:00 a 20:00 horas.

 

A continuación publicamos os enlaces para descargar o formulario de solicitude, as bases de instalación dos postos e os anexos cos prazos e vestimenta para homes e mulleres.

 

  portada r 2017

 

 
Cartel oficial Reconquista da Vila de Vigo 2016
Mércores, 09 Marzo 2016 00:00
 cartel reconquista 2016

O presidente da Asociación Veciñal e Cultural do Casco Vello de Vigo anunciou esta mañá xunto co alcalde de Vigo o cartel gañador do X Concurso de Carteis da Festa da Reconquista da Vila de Vigo, e que será o cartel oficial da festa no ano 2016.

 

O cartel seleccionado é obra de José Luis Ruibal García co nome "O espíritu da Reconquista". Tamén foron premiados con varios accésit os traballos titulados coma "Reconquista Feminista", de Marcos Montiel Reinoso, e "Cara a cara" de Rocío Casasempere.

 

 

O novo cartel foi presentado este mércores polo presidente da asociación veciñal, Xosé Manuel Veiga, xunto co alcalde de Vigo, Abel Caballero, e recibirá un premio de 1.000 euros, namentres que os dous accésit foron premiados cada un con 200 euros. Ao concurso presentáronse un total de 23 traballos de autores de toda a penísula ibérica.

 

A Festa da Reconquista 2016 celebrarase esta vez os vindeiros días 2 e 3 de abril para non coincidir coa Semana Santa, que no espazo do casco vello de Vigo coincidiría con varias procesións e actos relixiosos.

 

 


 
Vestimenta da Festa da Reconquista 2016

Dende a organización da Festa da Reconquista da Vila de Vigo, que este ano 2016 celebrarase os vindeiros días 2 e 3 de abril, téntase que a representación e o ambiente nas rúas do casco vello sexa o máis fiel posible á época na que transcorre os feitos orixe da festa (principios do século XIX, ano 1809) prestando unha especial atención na vestimenta de tódalas persoas que participan e na ornamentación dos postos e elementos do mercado.

 

Aquí publicamos enlaces para descargar os anexos con suxerencias para a vestimenta de homes e mulleres:

 

 

  mercado2016 1

 

 

 

     


     

     

     
    Bases dos postos do mercado da Reconquista 2016
    Luns, 04 Xaneiro 2016 00:00

    Abríuse o prazo de presentación das solicitudes dos postos no mercado da Festa da Reconquista da Vila de Vigo 2016 que se celebrará os vindeiros días 2 e 3 de abril. O prazo comeza o 4 de xaneiro e rematará o 4 de febreiro.

     

    As solicitudes de inscrición remitiranse á entidade organizadora, Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello, por correo postal no enderezo da rúa Oliva 12, 36202 Vigo; ou entregaranse físicamente na oficina veciñal situada na rúa Cánovas del Castillo 2 baixo, en horario de lúns a venres de 10:00 a 13:30 horas ou de 17:00 a 20:00 horas.

     

    A continuación publicamos os enlaces para descargar o formulario de solicitude, as bases de instalación dos postos e os anexos cos prazos e vestimenta para homes e mulleres.

     

      postoreconquista

     

     
    Listado de admitidos para mercado da Reconquista
    Mércores, 25 Febreiro 2015 00:00

    Cumprindo co indicado nas bases de instalación de postos para o mercado da Festa da Reconquista da Vila de Vigo, xa está publicado o listado de postos admitidos para a edición deste ano que se celebrará os vindeiros días 28 e 29 de marzo de 2015.

     

    Este listado está dispoñible para tódolos interesados que o desexen consultar na oficina da Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello situada na rúa Cánovas del Castillo 2, en horario de 10:00 a 14:00 e 17:00 a 20:30 horas. Tamén poderase consultar si os interesados están admitidos chamando ao teléfono 986 439 799 no mesmo horario.

      mercado reconquista

     


     

     

     
    Reconquista 2016: concurso de carteis
    Mércores, 25 Febreiro 2015 00:00

     

    Bases do X Concurso de Carteis da Festa da Reconquista da Vila de Vigo

     

    O obxectivo deste concurso é seleccionar un cartel para empregar na divulgación do programa da Reconquista da Vila de Vigo 2016, que organiza a Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello de Vigo (dende agora AVC Casco Vello) en colaboración co Concello de Vigo.

     

    Neste concurso poderán participar todas as persoas físicas ou xurídicas, e poderán presentar cada unha delas unha obra, coa condición de que éstas sexan inéditas.

     

     
    Programa da Festa da Reconquista da Vila de Vigo 2015
    Mércores, 25 Febreiro 2015 00:00

    A Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello de Vigo, organizadora da Festa da Reconquista da Vila de Vigo, publica un avance do programa oficial de actos e actividades para a edición deste ano que se celebrará os vindeiros días 28 e 29 de marzo de 2015.

     

    Como principal novidade este ano, a programación repartirase en dúas fin de semanas, celebrándose actuacións e concertos o sábado 21 e domingo 22 xunto coa representación da destitución da corporación e invasión do exército francés, e unha charla-coloquio sobre a Invasión francesa en 1809 o martes 24 no edificio Cambón.

     cartel reconquista 2015 mini2

     

     


     
    Páxina 1 de 4
    © 2014 Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello de Vigo