Domingo, 01 Xaneiro 2017 00:00 |
|
Achégase o Nadal e como cada ano dende a Asociación Veciñal e Cultural do Casco Vello ofrecemos un Obradoiro de Cantos e Danzas de Reis para difundir e axudar a recuperar esta tradición galega, que articulamos co Rancho de Reis do casco vello.
Realizaremos os saídas co Rancho de Reis os días 2 de xaneiro ás rúas Pi y Margall e Torrecedeira, o 4 de xaneiro ao Paseo de Alfonso e Ferrería e o sábado 7 de xaneiro ás rúas Progreso e Príncipe.
Tódolos interesados en participar poden contactar na oficina da Asociación Veciñal na rúa Canovas del Castillo 2, baixo.
|
|
|
Mércores, 25 Novembro 2015 00:00 |
|
Achégase o Nadal e como cada ano dende a Asociación Veciñal e Cultural do Casco Vello ofrecemos un Obradoiro de Cantos e Danzas de Reis para difundir e axudar a recuperar esta tradición galega, que articulamos co Rancho de Reis do casco vello.
Realizaremos os ensaios do Rancho de Reis e impartirase o obradoiro os días 27 de novembro e 11 de decembro ás 20:30 horas no local veciñal situado na rúa Cárcere Vello. Haberá un ensaio xeral o domingo 20 de decembro ás 11:00 horas.
Tódolos interesados en participar poden contactar na oficina da Asociación Veciñal na rúa Canovas del Castillo 2, baixo.
|
|
Martes, 17 Novembro 2015 00:00 |
|
O próximo domingo 22 de novembro organizamos un curso de bailes agarrados impartido polo profesor de baile Luis Prego. Esta actividade está aberta a tódolos veciños e socios.
Tódolos interesados deberán anotarse no teléfono 986 439 799 ou na oficina da Asociación na rúa Canovas del Castillo 2, baixo.
As prazas son moi limitadas polo que si estás interesado non demores moito en apuntarte.
|
|
Xoves, 04 Decembro 2014 00:00 |
Presentamos un novo obradoiro a realizar o vindeiro sábado 13 de decembro destinado a tódolos rapaces do barrio a partir de 6 anos onde proporcionaranse os coñecementos prácticos para a iniciación á improvisación teatral por medio do xogo. O obradoiro é de balde e impartirase durante 60-70 minutos dende as 17:00 horas do sábado.
Para máis información e inscrición acudir ó local da asociación na rúa Cánovas del Castillo 2, baixo ou no teléfono 986 439 799.
|
|
|
Martes, 25 Novembro 2014 12:00 |
|
Achégase o Nadal e como cada ano dende a Asociación Veciñal e Cultural do Casco Vello ofrecemos un Obradoiro de Cantos e Danzas de Reis para difundir e axudar a recuperar esta tradición galega, que articulamos co Rancho de Reis do casco vello.
Realizaremos os ensaios do Rancho de Reis e impartirase o obradoiro os días 3, 12, 15 e 21 de decembro no local veciñal situado na rúa Cárcere Vello.
Tódolos interesados en participar poden contactar na oficina da Asociación Veciñal na rúa Canovas del Castillo 2, baixo.
|
|
Venres, 14 Novembro 2014 00:00 |
Presentamos un novo obradoiro a realizar o vindeiro sábado 13 de decembro onde proporcionaranse os coñecementos prácticos necesarios cos que cada alumno poderá fabricar os seus propios colares cos que acompañar ás suas vestimentas tradicionáis ou de época, como por exemplo as empregadas durante a Festa da Reconquista. O obradoiro o imparte a mestra María Prego e ten un cupo de prazas limitadas.
Para máis información e inscrición acudir ó local da asociación na rúa Cánovas del Castillo 2, baixo.
|
|
|
Sábado, 18 Outubro 2014 00:00 |
O próximo mércores 5 de novembro comeza unha obradoiro para confeccionar unha toquilla que unha vez rematada cada alumno poderá empregar no Nadal co Rancho de Reis ou na vindeira Festa da Reconquista. O horario deste obradoiro será os mércores de 19:00 a 21:00 horas durante 6 semanas e cun prezo de 15 euros por alumno.
Para máis información e inscrición acudir ó local da asociación na rúa Cánovas del Castillo 2, baixo.
|
|
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 Seguinte > Final >>
|
Páxina 1 de 2 |