Aparcamento Cánovas del Castillo |
Sábado, 25 Setembro 2010 08:11 |
Dende primeiros de Setembro apareceron na rúa Cánovas del Castillo sinais de prohibido parar de 23:00 a 6:00 horas de domingo a venres. A súa colocación se previo aviso, comunicación nin recado, danos a impresión que é un xeito de castigar á veciñanza por protestar e non solicitar as tarxetas do XER, ao tempo que se facilita o aparcamento aos practicantes do botellón nas fins de semana. O horario é o tal para esta finalidade.
Desde a Directiva da Asociación Veciñal, temos a impresión de que os responsábeis do departamento de seguridade e tráfico do Concello de Vigo, en relación co Casco Vello, só pretenden crearnos problemas e non buscar solucións aos mesmos. Estamos fartos de pedir explicacións a respecto do rescate da concesión do aparcamento da Porta do Sol ou do que se pretende facer con el ao remate da mesma, pois que parece non quedarlle moito tempo. Polo contra, sendo poucas prazas de aparcamento que nos quedan van e colocan as sinais fixas prohibindo parar nas horas xa indicadas. Debe ser por comodidade, porque non todos os dás pasa algún transporte especial por Cánovas e para evitar colocar sinais de aviso neses días que pasan os devanditos transportes.
Queremos poñer tamén de manifesto a contradición das sinais instaladas e a incoherencia dos responsábeis da súa colocación, convidámosvos a que pasedes pola zona e comprobedes por vos mesmos. Unha, a do XER, indica estacionamento de pago de luns a venres de 9:00 a 14:00 e 16:00 a 20:00. Horario libre de pago a partir do venres as 20:00 horas ata o luns ás 9:00 horas. O horario da nova sinal que nos prohibe parar dende o domingo as 23:00 horas ata o venres as 6:00 horas
Este foi o texto que enviamos aos medios de comunicación para denunciar os problemas de aparcamento do barrio e mís en concreto en Cánovas. A noticia difundiuse nalgunhas emisoras de radio e recolleo co titular "El Casco Vello se vuelve loco con las señales", acertado parécenos, o xornal La Voz de Galicia |