Mércores, 30 Outubro 2013 10:11 |
|
A véspera de Santos, o xoves 31 de outubro, a partires das 17.30 horas, na praza do Berbés, celebraremos a Festa do Samaín. Unha festa, dirixida de xeito especial ás criaturas, pero na que tamén participaremos as xentes de máis idade para transmitirlles as tradicións, os costumes, as lendas, e divertírmonos todos e todas.
A Festa do Samaín é unha celebración das máis antigas do mundo celta, na que se celebra o remate do verán e das colleitas, e se lle abre a porta a estación escura, o inverno, coa que comezaba o novo ano. Unha oportunidade de relación entre os vivos cos seus antepasados.
PROGRAMA
A partir das 17:30 horas
-
- Obradoiro de calacús
- Obradoiro de caracterización con maquillaxe
- Monstruiño total de Victor Cantero
- Magosto infantil
FOLIADA DE DEFUNTOS
A partir das 20:00 horas, coa participación de
-
- Chandainas de Alcabre
- Aula de gaita, percusión e pandeireta do Casco Vello
- Pandereteiras do Faneco
- Tralovalo de Moreira
|
|