Orfeón Mariñeiro

logoorfeon

 logo emprego 18

 

O Concello de Vigo colaborou no financiamento dos gastos de contratación e fomento do emprego da asociación e, en xeral, da inserción laboral, o fomento do emprego, do asociacionismo e da participación cidadá.

 logo concello

 

O Concello de Vigo participa no financiamento das gastos de mantemento e fomento de actividades desta asociación.

minilogocascovello

imaxes

imaxes

Twitter Casco Vello

XXXI Festa dos Maios 2013
Mércores, 01 Maio 2013 19:16

 

  maios-13w

Este ano celebramos a XXXI edición da Festa dos Maios. Esta festa de recibimento da primavera e da fermosura e sensualidade que trae con ela, na que os campos se enchen de flores e as rúas de xentes contaxiadas polo optimismo que a luz e as caricias dos raios do sol sobre a pel espida produce nelas, é unha celebración ancestral que recuperamos para o goce da veciñanza.

Coincidindo coa festa dos Maios a Asociación veciñal e Cultural Casco Vello fai un recoñecemento a persoas ou colectivos que se teñan destinguido pola súa contribución na mellora da calidade de vida, coñecemento e/ou defensa do barrio histórico e da súa cultura. Como proba deste agradecemento, fáiselle entrega da escultura do Maio de Cor, escultura  cerámica realizada por Emilia Guimerans.

Ese ano acordamos outorgarllo á Fundación Penzol, no ano en que se cumpren o cincuentenario da súa fundación e o centenario do nacemento do que do que fora o seu fundador e primeiro director don Francisco Fernández del Riego.

O traballo e compromiso e dedicación da Fundación Penzol con Galicia, con Vigo e co seu barrio histórico fana máis que merecedora deste recoñecemento.

 

PROGRAMA

10h Comezo dos obradoiros

11:00h Obradoiro de debuxo

12:00h Actuación de Codia e Miolo

13:00h Animación de rúa

17:00h Animación de rúa

18:00 Entrega Maio de cor. De seguido, representación da festa dramatizada dos Maios

O remate presentación do quinto traballo discográfico d’ Os Carunchos, Ti que?

 
© 2014 Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello de Vigo