Orfeón Mariñeiro

logoorfeon

 logo emprego 18

 

O Concello de Vigo colaborou no financiamento dos gastos de contratación e fomento do emprego da asociación e, en xeral, da inserción laboral, o fomento do emprego, do asociacionismo e da participación cidadá.

 logo concello

 

O Concello de Vigo participa no financiamento das gastos de mantemento e fomento de actividades desta asociación.

minilogocascovello

imaxes

imaxes

Twitter Casco Vello

Cea da Reconquista 2013
Luns, 18 Febreiro 2013 16:01

 

CEA DA ÉPOCA de 1809

 

Cando? O sábado, 23 de marzo

Onde? No Centro Veciñal e Cultural de Valladares (ver mapa)

Quen pode participar? A participación na cea está aberta a todas as persoas que desexen asistir e cumpran dous requisitos:

    • Vestir de xeito adecuado á época, como se estiveramos en 1809
    • Abonar o importe da cea, 20 €, no prazo establecido

Onde e como podo anotarme? Dende o luns, 18 de febreiro, ate o venres, 15 de marzo, estará aberto o prazo para inscribirse, no local da Asociación de luns a venres, de 11.00 a 13.30 e de 17.00 a 20.00, abonando o importe de 20 € por persoa.

 

De cubrirse o aforo antes da data de finalización do prazo, daríase por pechada a inscrición, e anunciaríase nesta web. Establecerase un servizo de transporte entre o Casco Vello e o lugar da cea, pasando por Pi i Margall e as Travesas. Coa cea iniciaremos os actos da Festa de Reconquista que se celebrarán os días 6 e 7 de abril, sábado e domingo.

 

MENÚ

 

 

Primeiro prato:

    • Tosta de roquefort
    • Tortilla de pataca
    • Mexillóns da ría en vinagreta suave
    • Empanada caseira de carne e bonito
    • Petisco de pan artesán, tomate e xamón
    • Croquetas caseiras
    • Tosta de piquillo e ventresca

 

Segundo prato:

    • Cocido

 

Sobremesa:

    • Filloas e leite fritida

 

Bebidas:

    • Viño do ribeiro branco e tinto
    • Refrescos
    • Cervexa
    • Cafés e licores da terra



 
© 2014 Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello de Vigo