Orfeón Mariñeiro

logoorfeon

 logo emprego 18

 

O Concello de Vigo colaborou no financiamento dos gastos de contratación e fomento do emprego da asociación e, en xeral, da inserción laboral, o fomento do emprego, do asociacionismo e da participación cidadá.

 logo concello

 

O Concello de Vigo participa no financiamento das gastos de mantemento e fomento de actividades desta asociación.

minilogocascovello

imaxes

imaxes

Twitter Casco Vello

Noite Meiga 2012
Xoves, 21 Xuño 2012 19:05

O xoves, 23 de xuño, como ven sendo tradicional, celebraremos a Noite  Meiga do Casco Vello na praza do Berbés.

Dende as cinco da tarde estaremos rematando de montar a fogueira.

Logo ás 22:00 as bruxas e os castróns percorrerán o barrio coas cacharelas purificadoras,. Para chegar na media noite a praza e prender a fogueira na que queimaremos os maleficios de inverno e descubriremos ás bruxas que se ocultan na escuridade

O lume e a auga serán os protagonistas dunha note máxica na que faremos o tránsito ao verán, ás colleitas e a luxuria.

Preparade a auga aromática coas herbas que recolleredes a noitiña, na que non ha de faltar herba luisa e herba do sanxoán, e deixarédelas ao resío da noite para lavar as caras e abrir os ollos e ver con claridade o resto do ano.

 

  meiga2011

 
© 2014 Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello de Vigo