Orfeón Mariñeiro

logoorfeon

 logo emprego 18

 

O Concello de Vigo colaborou no financiamento dos gastos de contratación e fomento do emprego da asociación e, en xeral, da inserción laboral, o fomento do emprego, do asociacionismo e da participación cidadá.

 logo concello

 

O Concello de Vigo participa no financiamento das gastos de mantemento e fomento de actividades desta asociación.

minilogocascovello

imaxes

imaxes

Twitter Casco Vello

Cantos e Danzas de Reis 2012
Luns, 02 Xaneiro 2012 13:08

A Asociación Cultural e Veciñal traballa na recuperación da tradición dos Cantos e Danzas de Reis, orixinada na Idade media que hoxe en día volve a ter visibilidade nas rúas da cidade.

Esta tradición estivo a piques de perderse, malia que no barrio histórico da cidade, alá polos anos 40 do pasado século, tamén era costume que chegadas estas datas de Nadal saísen as rúas un grupo de xentes, as máis das veces, rapazas noviñas a cantar os reis e pedir ó aghinaldo.

 

Dende Asociación Cultural e Veciñal Casco Vello traballamos para recuperar esta tradición e para iso organizamos uns obradoiros abertos à participación de todas as persoas interesadas de calquera idade. Neles aprenderemos e repasaremos a historia dos Cantos e Danzas de Reis de xeito lúdico, tal como facían os nosos devanceiros.

 

Nos primeiros días do novo ano, 2012, 2, 3 e 4, luns, martes e mércores, a partir das seis e media da tarde, sairemos polas rúas do centro, dende a rúa da Oliva á do Principe, a cantar os reis e a pedir o aguinaldo. O domingo, 8, xa pola mañá, iremos ata Torrecedeira a cantarlle ás criaturas e tamén ás persoas maiores desa parte da vila.

 

reis2012

 
© 2014 Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello de Vigo