Orfeón Mariñeiro

logoorfeon

 logo emprego 18

 

O Concello de Vigo colaborou no financiamento dos gastos de contratación e fomento do emprego da asociación e, en xeral, da inserción laboral, o fomento do emprego, do asociacionismo e da participación cidadá.

 logo concello

 

O Concello de Vigo participa no financiamento das gastos de mantemento e fomento de actividades desta asociación.

minilogocascovello

imaxes

imaxes

Twitter Casco Vello

Reconquista 2012. Concurso de carteis
Venres, 16 Decembro 2011 12:41


 

Bases do VI concurso do carteis Festa da Reconquista da Vila de Vigo

 

O obxectivo deste concurso é seleccionar un cartel para empregar na divulgación do programa da Reconquista da Vila de Vigo 2012, que organiza a Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello de Vigo (AVC Casco Vello) en colaboración coa Concellería de Cultura e Festas do Concello de Vigo.

 

Neste concurso poden participar todas as persoas físicas ou xurídicas que o desexen, podendo presentar cada unha delas unha única obra que deberá ser inédita.

 

Os orixinais realizaranse verticalmente, en papel de tamaño A3 (29,7x42 cm), e presentaranse protexidos e montados sobre soporte ríxido e desmontable, que permita a súa perfecta exposición. Ao mesmo tempo entregarase copia en soporte informático (jpg, bmp, png). A técnica para utilizar será libre, dentro dos límites usuais que permita unha normal reprodución fotomecánica.

 

No caso de remitirse facturados, a AVC Casco Vello non responderá de posibles danos nin extravíos, como tampouco da súa devolución.

 

A AVC Casco Vello non responderá dos posibles danos que poidan sufrir os carteis como consecuencia do seu transporte, manipulación, montaxe e desmontado, no caso de realizarse algunha exposición destes. Por este motivo recoméndase que os carteis se presenten en soporte de cartón, cartón pluma ou similar, evitando o emprego de cristal, metacrilato, enmarcado, etc.

 

Os orixinais deberán incluír necesariamente os seguintes textos:

 

 

  • Logotipo da Concellería de Cultura e Festas do Concello de Vigo. Descargar

 

A AVC Casco Vello corrixirá os posibles erros dos textos que figuren nas obras, así como calquera modificación de datas ou doutro tipo que puidesen xurdir. Tamén se reservará a facultade de modificar ou substituír o logotipo que apareza no orixinal, así como de variar a súa localización na composición definitiva do cartel que se edite.

 

Os carteis presentaranse no local da AVC Casco Vello, rúa Oliva nº 12 baixo, de luns a venres, en horario de 18:00h a 20:00h. O prazo de presentación será do 16 de decembro do 2011 ao 13 de xaneiro do 2012. Non serán admitidos os carteis que se reciban con posterioridade á data e hora indicadas, calquera que sexa a causa do retraso.

 

A resolución do xurado publicarase o 17 de xaneiro de 2012.

 

Estas bases comunicaranse a través dos medios de comunicación e estarán a disposición das e dos interesadas/os no propio local da asociación, así como, na súa páxina web: www.avcascovello.com.

 

 

Cando os traballos se presenten persoalmente, facilitarase un recibo que se cambiará no seu día polo traballo presentado. Os traballos que se reciban facturados serán devoltos, se así o solicitan, unha vez verificado o concurso, con cargo a/o autor/a.

 

Transcorrido o prazo de 30 días naturais, contados dende a data de adxudicación do concurso, sen que as e os autores dos traballos premiados os recollesen, entenderase que renuncian a estes, e a asociación poderá dispor libremente deles, sen recoñecer dereitos de reclamación ou indemnización de ningunha clase.

 

Os carteis serán presentados sen sinatura do autor/a e baixo o lema que estará escrito no dorso do cartel, acompañados dun sobre pechado que porá no seu exterior o mesmo lema. No interior do sobre depositaranse unha nota escrita a máquina co nome e apelidos da persoa autora, enderezo, número de teléfono e NIF ou CIF correspondente.

 

Establécese un premio de 800 € ao cartel gañador, e dous accésit de 350 €. Estes premios poderán ser declarados desertos polo xurado do concurso. De estimar que ningún dos traballos presentados resulte adecuado para ser ó cartel anunciador da festa da Reconquista da Vila de Vigo 2012, a AVC Casco Vello resolverá polos seus propios medios a edición do mencionado cartel.

 

A obra gañadora quedará en propiedade da Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello polo que o/a autor/a cederá exclusiva e irrevogablemente o dereito de impresión ou reprodución, total ou parcialmente en calquera modalidade, tamaño ou soporte así como a utilización da obra para a súa promoción publicitaria, polo que poderá realizar as correspondentes modificacións ou transformacións para a súa adaptación aos soportes, técnicas ou tamaños necesarios.

 

A AVC Casco Vello reservarase o dereito de organizar exposicións públicas con todos ou parte dos carteis presentados ao concurso, en local, datas e horas que se determinarán. Neste suposto, os carteis deberán ser retirados polos propios autores ou persoas que os representen, no prazo de 30 días naturais seguintes ao da clausura da exposición nas instalación da propia asociación

 

A selección das obras que se inclúan na exposición será realizada polo xurado do concurso.

 

  • Presidenta: concelleira-delegada da Área de Cultura e Festas.
  • Secretario: presidente da AVC Casco Vello.
  • Vocais: membro da Comisión de Cultura da AVC Casco Vello.
  • Dúas persoas relacionadas co mundo das artes, da imaxe, da comunicación…

 

A presidenta queda facultada para resolver, no caso de empate, así como para as eventualidades que poidan xurdir.

 

A participación neste concurso supón a aceptación de todas e cada unha das súas bases.

 

A decisión do xurado é inapelable.

 

Descargar bases en pdf

 
© 2014 Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello de Vigo