Martes, 25 Outubro 2011 15:17 |
A véspera de Santos, o luns 31 de outubro, a partires das 17.30 horas, na praza do Berbés, celebraremos a Festa do Samaín. Unha festa, dirixida de xeito especial ás criaturas, pero na que tamén participaremos as xentes de máis idade para transmitirlles as tradicións, os costumes, as lendas, e divertírmonos todos e todas.
A Festa do Samaín é unha celebración das máis antigas do mundo celta, na que se celebra o remate do verán e das colleitas, e se lle abre a porta a estación escura, o inverno, coa que comezaba o novo ano. Unha oportunidade de relación entre os vivos cos seus antepasados.
PROGRAMA
- Obradoiro de calacús
- Obradoiro de caracterización con maquillaxe
- Os Narigudos da compañía de Títeres TANXARIÑA
- Magosto infantil
|
|
|