O pobo toma as rúas de novo
Esperámosvos no Casco Vello un ano máis!
En 2020 colleunos en pleno confinamento, e en 2021 as restricións sanitarias impediron celebrala na rúa, pero en 2022 volve a Reconquista en toda a súa dimensión. E xa se nota que hai ganiñas de Reconquista...
Volvemos con moito ímpeto, empezando os actos xa a fin de semana anterior, na cal a acción centrarase na praza do Berbés con concertos, actividades e a representación da Destitución na tarde do sábado 19.
O mercado na rúa inaugurarase o venres 25 e permanecerá aberto ata o domingo 27. Neses tres días haberá multitude de activides nas rúas, e sobre todo nos torreiros situados no Náutico, o Berbés e Chao.
A guinda da festa será o domingo 27 ás 18.00, cando terá lugar a representación da Reconquista, empezando no escenario do Náutico, pasando logo á Gamboa e regresando ao Náutico para rematar.
O luns 28 celebrarase un evento máis íntimo no Berbés, con foliada popular e mostras de artesanía tradicional.
Podedes consultar o programa completo de eventos nesta ligazón.
Vémonos nas rúas, xente!
|