Orfeón Mariñeiro

logoorfeon

 logo emprego 18

 

O Concello de Vigo colaborou no financiamento dos gastos de contratación e fomento do emprego da asociación e, en xeral, da inserción laboral, o fomento do emprego, do asociacionismo e da participación cidadá.

 logo concello

 

O Concello de Vigo participa no financiamento das gastos de mantemento e fomento de actividades desta asociación.

minilogocascovello

imaxes

imaxes

Twitter Casco Vello

Festa presentación Reconquista 2019
Luns, 15 Outubro 2018 00:00

Aínda que quedan uns cantos meses para a súa celebración, este sábado terá lugar na Praza do Berbés a Festa de Presentación da Reconquista de Vigo, que nesta edición cumpre 25 anos desde a primeira vez que se levou a cabo.

 

 

O sábado 27 coñeceremos a imaxe da XXV edición da Reconquista de Vigo, que se celebrará a principios do mes de abril do 2019. O obxectivo desta festa de presentación é o de converter á Reconquista en Festa de Interese Turístico Nacional. Pola súa historia e significación, tanto local como nacional, o obxectivo semella ambicioso pero posible. A festa cumpre con todos os requisitos necesarios para conseguilo, pero lle falta maior repercusión a nivel estatal. Se non se consegue para este ano, intentarase para o que vén.

 

 

A festa comezará a redor das 12:30 na Praza do Berbés. A esa hora amenizará a celebración o grupo D’Esmorga. O resto de concertos serán a partir das 21:00 horas e tocarán o Orfeón Mariñeiro do Berbés, Os Cuncheiros e a banda The Tetas Van.

 

Ademais de música, pola tarde haberá talleres infantís e postos gastronómicos para que a festa non decaiga. Será sobre as 21:30 cando se coñecerá a imaxe deste da Festa da Reconquista 2019.

  presentacion reconquista 2019

 


 

 
© 2014 Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello de Vigo