A Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello organiza unhas xornadas arredor da figura do pintor José Casal Cerqueira baixo o títula "Ksal e outras historias do mar" nas que se relaciona pintura, música, gastronomía e cultura mariñeira, e nas que participarán persoas relacionadas co mar e o noso vello barrio combinando actuacións cun paseo polas rúas e locáis do Casco Vello de Vigo.
Estas xornadas consistirán en catro actos tódolos venres do 9 ao 30 de setembro a partir das 20:00 horas no Instituto Camoes 'Casa Arines' de Vigo. PROGRAMA.
|
|
Programa de actividades:
- Exposición de 20 cadros, óleos na sua totalidade, aberta ao público tódolos venres de 20:00 a 21:30 horas no Instituto Camoes.
- Venres 9: "Ksal, pintor do mar". Acto inaugural presentado por Xerardo Feijoo e amenizado con música do Grupo de Gaiteiros da Asociación Veciñal Casco Vello.
- Venres 16: "Gaiteiros do Mar". Proxección do documental sobre os Gaiteiros do Hío e posterior charla presentada por Xerardo Feijoo e Xurxo Souto e amenizada cunha posterior actuación deste grupo.
- Venres 23: "Tesouros Humanos Vivos". Proxección do documental "Isidro Marcial: 1º tesouro vigo do Berbés". Presentado por Xerardo Feijoo con posterior coloquio co protagonista Isidro e resto de xente do barrio relacionada co mar. Ao rematar haberá unha actuación do Orfeón Mariñeiro do Berbés.
- Venres 30: "Vigo-Terranova: historias do bacallau". Coloquio presentado por Xerardo Feijoo e intervención de Xurxo Souto con tódolos veciños que teñan algo que contar.
|