Martes, 19 Abril 2016 00:00 |
Os veciños do Casco vello de Vigo e os profesionáis do centro de saúde situado na Praza da Constitución e que atende ao barrio, convocan unha concentración de apoio a este servizo de sanidade primaria fronte ós recurtes e ameaza de desmantelamento progresivo que pretende o SERGAS despóis de negarse a reemprazar as baixas facultativas causadas neste centro por mor da xubilación de varios médicos.
A concentración de apoio e defensa do centro de saúde do Casco Vello producirase o vindeiro venres 6 de maio ás 20:00 horas na Praza da Constitución.
|
|
|