Orfeón Mariñeiro

logoorfeon

 

 

O Concello de Vigo colaborou no financiamento dos gastos de contratación e fomento do emprego da asociación e, en xeral, da inserción laboral, o fomento do emprego, do asociacionismo e da participación cidadá.

 logo concello

 

O Concello de Vigo participa no financiamento das gastos de mantemento e fomento de actividades desta asociación.

minilogocascovello

imaxes

imaxes

Twitter Casco Vello

Recurtes no centro de saúde do Casco Vello
Mércores, 20 Abril 2016 00:00

Os profesionais do centro de saúde do Casco Vello apoiados polos usuarios emprenderon unha campaña de recollida de sinaturas e denuncia mediante pancartas nas fiestras do centro para reclamar que se cubra a praza dun médico xubilado recentemente que atendía á 1.200 veciños do noso barrio.

 

Existen sospeitas de que a intención do Sergas é de non reemplazar a vacante ocasionada pola xubilación dese facultativo e baséanse en que nas vacacións deste médico a praza só se cubríu en días alternos e con distintos profesionáis, e que esta situación segue repetíndose unha vez xa xubilado o doutor Juan Reboredo.

  centro saude cv

  

 

As últimas noticias que recibiron no centro de saúde é que a praza eliminarase do Casco Vello para creala en Navia, o que obrigaría aos compañeiros a asumir os pacientes deste compañeiro xubilado (ao redor de 1.200) coa consecuente saturación das consultas restantes.

 

Os profesionais do Casco Vello reclaman que se manteña a súa praza e se cree outra nova en Navia. Do contrario veríanse obrigados a reducir o tempo de atención aos pacientes e a rebaixar a calidade que se presta, cando o que están a demandar é o contrario: máis tempo por consulta. Recordan que ademais das cartillas que teñen asignadas de forma oficial, nese centro aténdese a numerosos turistas de paso que chegan por urxencias.

 

En total, o Casco Vello conta con seis médicos de familia pola mañá e ata agora eran outros tantos en horario de tarde, polo que quedarían reducidos os servizos a cinco, ademais de dous pediatras.

 

(Artigo publicado en La Voz de Galicia 15-04-2016)


 

 

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

© 2014 Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello de Vigo