Orfeón Mariñeiro

logoorfeon

 

 

O Concello de Vigo colaborou no financiamento dos gastos de contratación e fomento do emprego da asociación e, en xeral, da inserción laboral, o fomento do emprego, do asociacionismo e da participación cidadá.

 logo concello

 

O Concello de Vigo participa no financiamento das gastos de mantemento e fomento de actividades desta asociación.

minilogocascovello

imaxes

imaxes

Twitter Casco Vello

Programa da Festa da Reconquista da Vila de Vigo 2016
Mércores, 25 Febreiro 2015 00:00

A Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello de Vigo, organizadora da Festa da Reconquista da Vila de Vigo 2016, publica o programa oficial de actos e actividades para a edición deste ano que se celebrará o sábado 2 e domingo 3 de abril.

 

Durante cada xornada máis de 20 grupos de música tradicional animarán o recinto da festa. Ademáis haberá representacións, espazos infantís, música nas rúas e multitude de demostracións de artesanía, xunto coa exposición "Retallos da nosa historia" aberta na Casa Galega da Cultura dende o pasado 17 de marzo.

 

[Consulta o programa da festa]

  plano reconquista 2016

 

 


Programación da Festa da Reconquista da Vila de Vigo 2016


 

Xoves 17 de marzo

Inauguración da exposición “Retallos da nosa historia” na Casa Galega da Cultura, na Praza da Constitución.

 

Lúns 28 de marzo
Ensaio xeral da escenificación da Reconquista a partir das 11:00 horas na Porta do Sol.

 

Mércores 30 de marzo
Ensaio xeral da escenificación da Reconquista a partir das 20:00 horas na dársena nº2 do porto de Vigo, na rúa Gamboa e na Porta do Sol.

 

Xoves 31 de marzo
Celebración da "Reconquistiña" con máis de 300 nenas e nenos de Vigo:

  • 11:00 horas - Ruada polas rúas e prazas do casco vello ata a Praza da Princesa.
  • 12:00 horas - Concerto do grupo musical infantil "A Gramola Gominola".

 

Sábado 2 de abril

  • 10:00 horas - Inauguración de mercado.
  • 12:00 horas - Actuación das Escolas de baile e canto tradicional no Espazo AVC Casco Vello.
  • 16:00 horas - Apertura do espazo infantil na Praza do Berbés con xogos populares.
  • 16:30 horas - Actuación das Escolas de baile e canto tradicional no Espazo AVC Casco Vello.
  • 17:30 horas - Pandereteiras de Tarambainas no Espazo Mahou.
  • 18:00 horas - Representación dun combate de esgrima histórico no Espazo AVC Casco Vello.
  • 18:00 horas - Saída das tropas francesas polas rúas do casco vello e escaramuzas ca veciñanza.
  • 19:00 horas - Actuación de escolas de baile tradicional infantil no Espazo AVC Casco Vello.
  • 19:00 horas - Pandereteiras de Traspés no Espazo Mahou.
  • 20:00 horas - Obradoiro de Danzas do Mundo no Espazo AVC Casco Vello.
  • 20:30 horas - Pandereteiras de Fiadeiro no Espazo Mahou.
  • 21:00 horas - Concerto do Orfeón Mariñeiro do Berbés no Espazo AVC Casco Vello.
  • 22:00 horas - Actuación de Vira Pé no Espazo Mahou.
  • 23:00 horas - Fin da xornada e peche do mercado.

 

O "Espazo AVC Casco Vello” estará situado na Praza do Berbés e o "Espazo Mahou” estará situado na rúa Eduardo Chao.

 

Domingo 3 de abril

  • 10:00 horas - Apertura do mercado.
  • 10:30 horas - Escola de Canto Tradicional Tarambainas 'As Laretas' no Espazo AVC Casco Vello.
  • 11:00 horas - Escola de baile tradicional do Casco Vello no Espazo AVC Casco Vello.
  • 11:00 horas - Demostracións de artesanía (canteiros, cesteiros, encaixe, zoqueiros, etc.) na Praza do Berbés.
  • 11:00 horas - Apertura do espazo infantil na Praza do Berbés.
  • 11:30 horas - Presentación do libro sobre Xoán Tilve 'Gaiteiro de Campañó' no Espazo Mahou.
  • 12:00 horas - Obradoiro de Danzas do Mundo no Espazo AVC Casco Vello.
  • 13:00 horas - Concerto do Orfeón Mariñeiro do Berbés no Espazo AVC Casco Vello.
  • 13:00 horas - Actuación do CIOV Regueifeiros no Espazo Mahou.
  • 14:00 horas - Sesión de 'micro aberto' no Espazo Mahou.
  • 18:00 horas - Representación da Reconquista da Vila de Vigo na Porta do Sol e rúa Gamboa.
  • 19:00 horas - Rendición e embarque das tropas francesas na dársena nº2 do porto de Vigo.
  • 20:30 horas - Concerto de Os Carunchos na Porta do Sol.
  • 21:00 horas - Concerto da ETRAD na Praza do Berbés no Espazo AVC Casco Vello.
  • 22:00 horas - Fin da festa e peche do mercado.

 

 

plano reconquista 2016

 
© 2014 Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello de Vigo