Mércores, 09 Marzo 2016 00:00 |
 |
O presidente da Asociación Veciñal e Cultural do Casco Vello de Vigo anunciou esta mañá xunto co alcalde de Vigo o cartel gañador do X Concurso de Carteis da Festa da Reconquista da Vila de Vigo, e que será o cartel oficial da festa no ano 2016.
O cartel seleccionado é obra de José Luis Ruibal García co nome "O espíritu da Reconquista". Tamén foron premiados con varios accésit os traballos titulados coma "Reconquista Feminista", de Marcos Montiel Reinoso, e "Cara a cara" de Rocío Casasempere.
O novo cartel foi presentado este mércores polo presidente da asociación veciñal, Xosé Manuel Veiga, xunto co alcalde de Vigo, Abel Caballero, e recibirá un premio de 1.000 euros, namentres que os dous accésit foron premiados cada un con 200 euros. Ao concurso presentáronse un total de 23 traballos de autores de toda a penísula ibérica.
A Festa da Reconquista 2016 celebrarase esta vez os vindeiros días 2 e 3 de abril para non coincidir coa Semana Santa, que no espazo do casco vello de Vigo coincidiría con varias procesións e actos relixiosos.
|
A continuación amosamos os dous traballos titulados coma "Reconquista Feminista", de Marcos Montiel Reinoso, e "Cara a cara" de Rocío Casasempere, e que resultaron premiados polo xurados:

|