Orfeón Mariñeiro

logoorfeon

 emprego 2019 

O Concello de Vigo colaborou no financiamento dos gastos de contratación e fomento do emprego da asociación e, en xeral, da inserción laboral, o fomento do emprego, do asociacionismo e da participación cidadá.

 logo concello

 

O Concello de Vigo participa no financiamento das gastos de mantemento e fomento de actividades desta asociación.

minilogocascovello

imaxes

imaxes

Twitter Casco Vello

Proclamación do I Tesouro Humano Vivo do casco vello
Martes, 17 Novembro 2015 00:00

O pasado venres 13 de novembro as 20:00 horas tivo lugar a proclamación do I Tesouro Humano Vivo no auditorio do Edificio Cambón, nun acto organizado pola Asociación Veciñal Casco Vello de Vigo e amenizado e presentado polo cantante, acordeonista e escritor galego Xurxo Souto.

 

Nesta primeira edición escolleuse ao veciño do casco vello, Isidro Alonso Marcial, por ter demostrado os seus coñecementos sobre a cultura tradicional marítima despois de mais de cincuenta anos traballando primeiro como mariñeiro ata chegar a acadar a categoría de capitán, atesourando na súa memoria feitos, técnicas,lugares e nomes de todo o referido á súa profesión.

 

 

Vídeo cunha entrevista realizada a Isidro Alonso na que comparte vivencias e lembranzas sobre a sua vida. VIDEO

  isidro alonso marcial

 


 

 

O sistema dos Tesouros Humanos Vivos é unha proposta da UNESCO que recomenda os gobernos e asociacións de base constituír listados de nomes de persoas que teñan un coñecemento profundo en calquera ámbito do patrimonio inmaterial.

 

A continuación reproducimos a acta da Sesión Extraordinaria da Asociación Veciñal para a designación do I Tesouro Vivo do Casco Vello:

 


     Reúnese o día 9 de novembro do 2015 en Sesión Extraordinaria a Xunta Directiva da Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello de Vigo coa totalidade dos seus membros cun único punto na orde do día:

 

1.- Designación do Tesouro Vivo do casco Vello 2015.

 

No ano 1989 a UNESCO recomendou aos seus estados membros a Salvagarda da Cultura Tradicional e Popular exhortándoos a preservar a cultura autóctona nos seus países respectivos culminando no 2003 coa adopción da Convención para a Salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial onde se propuña aos gobernos dos estados, aos gobernos locais e mesmo ás propias comunidades a través do seu tecido asociativo o levantamento de listados de Patrimonio Inmaterial e a facer tamén un relatorio das persoas que posúan as habilidades que fan que ese patrimonio se transmita para coñecemento das novas xeracións. Son os chamados Tesouros Humanos Vivos.

 

A Asociación Veciñal e Cultural do Casco Vello de Vigo leva mostrando coas súas prácticas ao longo dos anos o seu compromiso coa Cultura Tradicional Galega e por iso no ano 2015 acolléndose ao programa da UNESCO decidiu empezar a constituír o que chamaremos Sistema dos Tesouros Vivos do Casco Vello de Vigo.

 

O nacemento do propio Casco Vello en épocas históricas estivo nitidamente relacionado co mar sendo a relación dos antergos vigueses e viguesas con este medio o que lle deu o seu carácter senlleiro polo que pensamos, dentro da Asociación que a primeira persoa que acadase a consideración de Tesouro Humano Vivo do Casco Vello de Vigo debería ser alguén relacionado coa vida dos mariñeiros, pescadores ou algunha outra actividade relacionada co mar.

 

Tendo en conta todo o anteriormente referido é polo que a Xunta Directiva da Asociación Veciñal e Cultural do Casco Vello de Vigo o día 9 de novembro de 2015 acorda, por unanimidade de todos os seus membros, nomear a Isidro Alonso Marcial, Tesouro Vivo do Casco Vello de Vigo do ano 2015 por ter demostrado os seus coñecementos sobre a cultura tradicional marítima despois de mais de cincuenta anos traballando primeiro como mariñeiro ata chegar a acadar a categoría de capitán, atesourando na súa memoria feitos, técnicas,lugares e nomes de todo o referido á súa

profesión.

 

Vigo a 9 de novembro de 2015

 


 

 
© 2014 Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello de Vigo