Orfeón Mariñeiro

logoorfeon

 

 

O Concello de Vigo colaborou no financiamento dos gastos de contratación e fomento do emprego da asociación e, en xeral, da inserción laboral, o fomento do emprego, do asociacionismo e da participación cidadá.

 logo concello

 

O Concello de Vigo participa no financiamento das gastos de mantemento e fomento de actividades desta asociación.

minilogocascovello

imaxes

imaxes

Twitter Casco Vello

O Casco Vello presentará denuncias polo ruído
Martes, 17 Novembro 2015 00:00

Os veciños do Casco Vello aseguran non aturar máis o ruído nocturno, xerado en grande parte polos clientes dos bares que saen ás rúas a consumir.

 

Onte, en asamblea, decidiron iniciar unha campaña de acción: “Chamaremos a Policía e cando se acumulen as denuncias levaremolas ao rexistro municipal”, afirmou Fiz Axeitos, representante veciñal, e non descartou chegar máis lonxe: “Imos paso a paso, veremos cómo reacciona o Concello, pero estamos dispostos a chegar ao xulgado para facer cumplir a Lei”.

  asamblea ruidos2

 


 

 

Segundo Axeitos, esta situación afecta prácticamente a todo o centro, dende a Alameda, Montero Ríos, o Casco Vello ou o Paseo de Alfonso. “É un problema xeralizado e só se toman medidas temporáis”, apunta.


Así, lembra que todo o barrio histórico é unha zona protegida no Plan de Urbanismo, algo que se une á declaración de zona cero que beneficia ao Areal e a Alameda. En 2009 aprobouse unha ordenanza reguladora conocida como “antibotellón” na que se incluían a rúa Real, O Berbés, Teófilo Llorente, a Praza da Pedra e a Praza da Igrexa. Dos anos despóis en 2011, a área afectada ampliouse coa rúa Chao e colindantes. Pero os veciños do barrio aseguran que as leis non cumpren: “Normativas nos sobran, pero si non se lles fai caso, non valen de nada”.


Os residentes critican os abusos cometidos polos locáis na invasión do espacio público. “Hai un desmadre no tamaño das terrazas, algunhas chegan a acristalalas e ninguén controla estas accións”, mantén Axeitos.


Na asociación veciñal, non manexan unha cifra de afectados polo ruído, pero aseguran que dos 4.000 veciños do Casco Vello, aa gran maioría é vítima do ruído do botellón nas rúas.

 

(Artigo publicado en Atlántico Diario 17-11-2015)


 

 

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

© 2014 Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello de Vigo