Orfeón Mariñeiro

logoorfeon

 

 

O Concello de Vigo colaborou no financiamento dos gastos de contratación e fomento do emprego da asociación e, en xeral, da inserción laboral, o fomento do emprego, do asociacionismo e da participación cidadá.

 logo concello

 

O Concello de Vigo participa no financiamento das gastos de mantemento e fomento de actividades desta asociación.

minilogocascovello

imaxes

imaxes

Twitter Casco Vello

A Festa da Reconquista 2015 celebrarase durante dúas fins de semana
Martes, 20 Xaneiro 2015 00:00
  reunion reconquista

A directiva da Asociación Veciñal e Cultural do Casco Vello de Vigo anunciou a principal novidade da celebración deste ano, despois dunha reunión que tivo lugar este martes dia 20 co Alcalde e representantes do Concello de Vigo. A directiva indicou que a festa terá lugar tanto na fin de semana previa como na propia do 28 e 29 de marzo, con actividades, mercadiños e escenificacións en cada unha.

 

A intención da asociación veciñal é facer en 2015 unha Festa da Reconquista máis extensa no tempo e máis intensa en cada un dos días, que se alongará durante dúas fins de semana: a propia do 28 e 29 de marzo e a inmediatamente anterior do 21 e 22 de marzo.

 


 

Durante esas dúas fins de semana os asistentes poderán disfrutar de representacións teatrais, mercadiños e actividades musiciais, entre outras. O borrador xa está elaborado e presentarase o programa completo en próximas datas. Tanto a directiva veciñal como o alcalde recordaron que as festas son factor de mobilización económica moi importante para o comercio e hostelería do casco vello de Vigo. 

 

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

© 2014 Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello de Vigo