Xoves, 04 Decembro 2014 00:00 |
Presentamos un novo obradoiro a realizar o vindeiro sábado 13 de decembro destinado a tódolos rapaces do barrio a partir de 6 anos onde proporcionaranse os coñecementos prácticos para a iniciación á improvisación teatral por medio do xogo. O obradoiro é de balde e impartirase durante 60-70 minutos dende as 17:00 horas do sábado.
Para máis información e inscrición acudir ó local da asociación na rúa Cánovas del Castillo 2, baixo ou no teléfono 986 439 799.
|
|
|