Martes, 25 Novembro 2014 12:00 |
|
Achégase o Nadal e como cada ano dende a Asociación Veciñal e Cultural do Casco Vello ofrecemos un Obradoiro de Cantos e Danzas de Reis para difundir e axudar a recuperar esta tradición galega, que articulamos co Rancho de Reis do casco vello.
Realizaremos os ensaios do Rancho de Reis e impartirase o obradoiro os días 3, 12, 15 e 21 de decembro no local veciñal situado na rúa Cárcere Vello.
Tódolos interesados en participar poden contactar na oficina da Asociación Veciñal na rúa Canovas del Castillo 2, baixo.
|
|