Procurar

Usuari@s rexistrad@s



Éxito da Noite Meiga de San xoán no Berbés
A noite de meiga de San Xoán iniciouse con puntualidade: ás cero horas acendeuse a fogueira, que como o ano pasado incluíu festa e representacións das noites pagás

Na cidade arderon 18 fogueiras, mentres a máis concorrida foi a do Berbés.

A noite de San Xoán iniciouse con puntualidade: ás cero horas acendeuse a fogueira, que como o ano pasado incluíu festa e representacións das noites pagás (con akelarre de bruxas e castróns) en que se basea a tradición cristianizada como San Xoán. A noite máis curta do ano tivo todos os tópicos e un protagonista absoluto, que nesta ocasión non foi o lume, senón as sardiñas, e por partida dobre. Polo prezo alcanzado (a unidade vendíase a 1,5 euros, o quilo estaba na lonxa a catro euros a portuguesa e a seis ou sete a galega) e polo ocorrido o día anterior no porto pesqueiro, coa detención dun grupo de mariñeiros e patróns por utilizar a dinamita. Era o tema de conversación nunha praza moi animada, que se encheu de xente moito antes de que o sol se puxese. Todo iso nunha celebración que se mantivo de acordo coa estrita regulamentación municipal, que prohibe as enormes piras típicas doutros anos. Iso xa é historia ante as fogueiras reguladas polo Concello, de tamaño máis modesto.

Atlantico Diario

 

 
Noite Meiga do Berbés

noite_meiga

 
O novo Casco Vello reactiva as vivendas
A Oficina de Rehabilitación rexistrou dende 2007 un total de 151 proxectos de propietarios para reformar as súas casas no barrio antigo. Dende que comezou a rehabilitación do barrio, as peticións aumentaron considerablemente casco

Un total de 151 vivendas do Casco Vello foron reformadas nos últimos tres anos con axudas da Oficina de Rehabilitación. En total, as obras supuxeron oito millóns de euros.A rehabilitación do Casco Vello que puxo en marcha o Concello trala chegada ao poder do bipartito contaxiou tamén aos propietarios das vivendas da zona, que dende o ano 2007 pediron axudas para reformar un total de 151 casas, un número que se incrementa cada ano segundo mellora a imaxe xeral do barrio, inmerso no que os concelleiros nacionalistas deron en chamar a 'reconquista do Casco Vello', con obras de mellora en cada unha das rúas e prazas desta zona da cidade. En total, as obras de rehabilitación que xa finalizaron e as que xa foron aprobadas supuxeron un gasto de 8 millóns de euros, dos que 1,2 millóns foron aportados polo Concello e 832.000 euros procederon de subvencións autonómicas. En todo caso, aínda hai pendentes obras do ano pasado, do actual e solicitudes que se presentaron no 2010 e polo tanto non foron cuantificadas. En concreto, nos cinco meses que levamos do presente ano xa se presentaron 33 peticións de subvencións para levar a cabo as reformas de outras tantas vivendas, o que demostra a grande motivación dos propietarios para adecuar as súas casas a pesares dos malos momentos económicos que se están a vivir pola crise.

Ler máis...
 
Presentado o Plan de fachadas do Berbés
Os veciños xa coñecen o proxecto para as fachadas do Berbés
 O concelleiro de Patrimonio Histórico celebrou esta semana unha xuntanza cos donos das vivendas para explicarlles o plan fachadas

A Concellería de Patrimonio Histórico puxo en marcha un proxecto para rehabilitar as fachadas do Berbés e devolver ao barrio o seu antigo esplendor.O concelleiro de Patrimonio Histórico, Dosio Álvarez, reuniuse esta mesma semana cos vecinos do barrio do Berbés para explicarlles en que consiste o plan de rehabilitación das fachadas posto en marcha pola Tenencia de Alcaldía. Esta iniciativa, presentada no pasado mes de marzo polo tenente de alcalde, o nacionalista Santi Domínguez, ideouse co obxectivo de recuperar a fachada marítima das vivendas do Berbés e inclúe actuacións nun total de 48 inmobles e conta cun orzamento de 110.000 euros en axudas aos propietarios, que deberán agora decidir si se suman ao proxecto e asumen a rehabilitacón das vivendas. Estas axudas son compatibles con calquera subvención que teña por obxectivo a rehabilitación de edificios no Casco Vello como as que convoca a Oficina de Rehabilitación do Concello ou o Consorcio, dependente da Xunta de Galicia e, ademais, tampouco existe un límite de prazo para solicitalas, aínda que dende a Tenencia de Alcaldía se espera que os donos das vivendas se decidan nas próximas semanas para que as actuacións podan estar rematadas antes de final de ano. Trátase da primeira vez que se fai un proxecto deste tipo, exclusivo para una zona que, nesta ocasión, trátase dun dos referentes da cidade de Vigo e que está catalogada como Ben de Interese Cultural. Este proxecto, asimesmo, está incluido no Plan Especial de Reforma Interior do Casco Vello.

Ler máis...
 
Coa cruz do hospital ao lombo

Dúas mil persoas saen á rúa para reivindicar que o centro sociosanitario de Cánovas do Castillo non 16 se peche. O goberno local apoiou a mobilización

O camiño da Cruz Vermella é descendente. Os traballadores do hospital aínda rexentado pola oenegué e outras dúas mil persoas, entre familiares de enfermos, sindicalistas e políticos, subiron a costa ata o cruzamento de Fernando O Católico para logo baixar ata o edificio da Xunta formando unha marea humana en contra do peche das instalacións.

Antes da manifestación os traballadores miraban ao ceo cruzando os dedos. O inestable tempo primaveral tívoos en albas case toda a xornada. Por sorte, a medida que se ía aproximando a hora dela mobilización, amainó a choiva. Só unhas tímidas pingas balizaron o camiño.

A rúa deu onte a súa resposta. Familiares de enfermos, sindicalistas e algúns políticos saíron para apoiar as reivindicacións dos empregados dos centros sanitarios.

Ler máis...
 
Sobre o aparcamento no Casco Vello

aparcamento

 

Despois da última reunión da Plataforma de afectados pola nova normativa de circulación no Casco Vello de Vigo co Concelleiro de Tráfico, Xulio Calviño, de todas as peticións só foron atendidas algunas novas prazas de residentes que finalmente o Concello concretou nas seguintes:

Ler máis...
 
O Berbés prepara o seu encontro co mar
O tenente de alcalde, Santiago Domínguez, ultima un proxecto para recuperar a histórica praza que negociará coa Autoridade Portuaria.

A praza do Berbés é, ao seu pesar, paradigma do caótico urbanismo de Vigo. A deterioración deste patrimonio histórico non fixo máis que acelerarse ao longo dos últimos anos a ritmo vertixinoso. Casas en ruínas nos soportais, desaparición do antigo parque axardinado, consolidación de naves industriais na súa fronte... Urxe frear o proceso. A Concellaría de Barrios Históricos púxose ao choio, co convencemento de que tarde ou cedo haberá que recuperar un espazo tan singular, o que viu nacer a cidade.

Ler máis...
 
As administracións dan as costas unha vez máis ás persoas sen teito de Vigo
Tales circunstancias non fan máis que pór en dúbida a calidade humana dos políticos, tal e como destacou a Red Social Galicia Sur, convocante do acto. No transcurso do mesmo deuse lectura a un manifesto no que se reprochaba ás administracións públicas que sigan sen dar resposta aos máis de trescentos cidadáns que malviven nas rúas de Vigo. Tamén recibiu críticas a demora que se está producindo para pór en marcha un centro público de inclusión social desde que se alcanzou un acordo no 2004.
Ler máis...
 
Queres vivir no Casco Vello de Vigo?

O Consorcio do Casco Vello acaba de presentar as primeiras vivendas rehabilitadas que se van por no mercado inmobiliario a través do rexistro de demandantes da Xunta de Galicia.cabeceiraRexistroDemandantes

O acordo alcanzado no último Consello de Administración supón comezar todo o proceso en seis inmobles xa rehabilitados para que, de forma inmediata, se poñan á venda 10 vivendas nas rúas Real e Abeleira Menéndez; en aluguer, outras 14 ubicadas entre Ferraría e Subida ao Castelo e, por último, 3 vivendas para realoxos en Real 25.

Ler máis...
 
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet